Pontevedra presenta dous roteiros virtuais para impulsar as compras locais

martes, 22 de decembro do 2020 Sandra Rivadulla

O concelleiro de Obras de Pontevedra, Demetrio Gómez, presentou este 22 de decembro os dous roteiros virtuais que se poderán visualizar na campaña #EuSonLoureiro, co fin de dinamizar o comercio local durante as obras de reforma da rúa Loureiro Crespo.
Demetrio Gómez destacou “a necesidade de promover as compras no comercio do barrio, sobre todo durante o período de Nadal” e asegurou que “o obxectivo é facer gasto no comercio local para paliar os problemas que trouxo a COVID- 19”.
O roteiro más innovador é un xogo de pistas que consiste na resolución dun crime dos anos 20, no que se viu involucrado o doutor Loureiro Crespo. Esta proposta está deseñada para xogar en familia e pódese facer a través de 9 códigos QR instalados en varios establecementos da zona: Tendencias Floristas, Farmacia Pontus Veteris, Mobles Qka, Perruquería Carlos Conde, Tobico Zapaterías, Salam Halal, Aquelarre, Libraría Atenas, e Perruquería Low Cost.
O outro percorrido que aparece na campaña conta a historia da figura do doutor Loureiro Crespo. Para este xogo, tamén están dispoñíbeis os códigos QR dos establecementos comercias da rúa.
O deseño virtual dos roteiros ven dado polas circunstancias que estamos a vivir, xa que a proposta non se pode realizar en grupo debido ás restricións actuais por mor da pandemia. Por iso a idea é que a iniciativa fágase respectando os grupos burbulla e as unidades familiares ou de convivencia correspondentes.
As tendas adheridas á campaña repartirán 5.000 pulseiras co lema #EuSonLoureiro entre os clientes e clientas que merquen no período de Nadal. O lema da iniciativa tamén se poderá apreciar en Instagram e na web do Concello.

PUBLICIDADE