Os videoxogos e a tecnoloxÃa volverán destacar nunha nova edición de ExpOtaku
venres, 6 de maio do 2022
ExpOtaku
volve un ano máis ao recinto feiral de EXPOCoruña para celebrar tres xornadas
consecutivas (entre os dÃas 20 e 22 de maio) protagonizadas pola animación
xaponesa, o cosplay e os videoxogos, asà como moitos outros elementos culturais
afÃns, o que atrae a milleiros de participantes todos os anos.
A edición deste ano de ExpOtaku A Coruña ten xa publicado o seu programa
de actividades, que volve ser extraordinariamente variado, e do que podemos
destacar torneos de videoxogos como Puzzle Booble 4, Street Fighter V:
Champion Edition, Mortal Kombat 11 Ultimate Edition, Jojo’s
Bizarre Adventure: All Star Battle, Naruto Shippuden Ultimate Ninja Storm
4: Road to Boruto, Melty Blood Type Lumina, My Hero One’s Justice
2, Pokémon Espada y Escudo, Twinkle Star Sprites, Kimetsu
no Yaiba: Hinokami Keppütan, BlazBlue: Central Fiction, Guilty
Gear Strive, Mario Kart 8 Deluxe, FIFA 22, Windjammers,
Super Smash Bros. Ultimate, Tekken 7, Dragon Ball FighterZ,
Jump Force e The King of Fighters XV; asà como a posibilidade de practicar
xogo libre nunha serie de consolas Nintendo Switch, PS3, PS4, PS5, Wii U, Xbox
360, Xbox One e Xbox Series S, asà como a un simulador de condución e a
sistemas PlayStation VR.
Tampouco faltarán no recinto máquinas recreativas musicais, a posibilidade de
gozar de xogos independentes, diversas actividades ao redor do mundo de Star
Wars no que se tocan elementos como a robótica, e tamén unha sección
organizada pola Escola de Imaxe e Son de Vigo na que se exploran técnicas como
o video mapping, a retransmisións de videoxogos en liña ou o modelado 3D
con Blender.