O proxecto GNUTEST supera as expectativas iniciais a poucas semanas da súa finalización
martes, 17 de setembro do 2013
Hai case tres anos varios investigadores do Centro de Investigación en TecnoloxÃas da
Información e a Comunicación (CITIC) iniciaron o proxecto GNUTEST que xiraba en
torno a plataformas experimentais baseadas en GNU Radio
para Sistemas de Comunicacións e Localización, unha grande innovación que
achegarÃa grandes novidades aos sistemas de radiocomunicacións SDR. A
poucas semanas da finalización do proxecto xa se alcanzaron os obxectivos
formulados, o que supón todo un éxito para o equipo implicado.
O obxectivo partÃa do desenvolvemento dunha arquitectura SDR baseada en GNU Radio
coa que se elaboraron unha serie de plataformas experimentais destinadas a
avaliar a capa fÃsica dun estándar de banda estreita como DMR, a capa
fÃsica dun estándar de banda ancha como WIMAX/LTE e as técnicas de
posicionamento/localización baseadas en sistemas ad-hoc.
As principais vantaxes desta solución son:
Importante redución de custos de desenvolvemento: trátase dunha plataforma
aberta que permite a implantación de sistemas baseados en SDR e a
diferenza doutras solucións, tamén parte do seu hardware presenta un deseño
aberto.
Mellora das prestacións das técnicas de acceso radio: e, como consecuencia, os
servizos de comunicacións móbiles que soportan. CaracterÃstica de suma
importancia debido ao crecente papel das redes de comunicacións móbiles no
tecido social e na actividade empresarial.
Baixo custo: o que unido ao conxunto de software aberto e moi flexible,
permite implementar unha gran variedade de estándares, protocolos e case
calquera sistema baseado en SDR.
Grazas ao desenvolvemento propio destes estándares, proporciónase unha gran
liberdade para valorar as prestacións das técnicas propias que se desenvolven
para comunicacións en diferentes situacións: canles de comunicación reais,
múltiples antenas en transmisión e en recepción, técnicas de redución de
interferencias... ademais, con anchos de banda pequenos, o uso de GNUTEST permite
o desenvolvemento de solucións próximas ao mercado e que poden ser explotadas
pola industria, achegando unha gran flexibilidade e control.
Axudas do Programa Sectorial de Investigación Aplicada SUMA I+D do Plan Galego de Investigación (10TIC003CT). Co financiado por:

