O experto en ciberseguridade David Finn impartirá un par de relatorios en Galicia

venres, 15 de marzo do 2019 Redacción

A AMTEGA e a Universidade da Coruña colaboran para achegar a Galicia a un dos máximos expertos internacionais en materia de ciberseguridade, o estadounidense David FInn, actualmente director executivo da organización CleanApps.org, quen o vindeiro mércores ás 12 da mañá no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura impartirá o relatorio Who else can join the data privacy war on the side of consumers? It’s not who you think: Construíndo unha internet limpa e segura.
A xornada contará o historia da Internet e a ciberseguridade, como naceron os problemas co malware e a fraude nas apps e cales son as perspectivas de futuro para afrontar eses problemas. Ao final da charla abrirase unha quenda de preguntas moderada polo catedrático J. Andrés Faíña, do Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento (GCD). Esta actividade está dirixida a un público amplo, incluíndo persoal directivo de empresas, administracións públicas e representantes da sociedade civil, así como do ecosistema da innovación de Galicia.
O relatorio, que se impartirá en inglés con tradución simultánea, está aberto ao público en xeral é de balde pero con aforo limitado polo que é necesaria a inscrición previa na web do CDTIC ou mediante a súa aplicación dispoñible nas plataformas Android e iOS.
O programa de David Finn en Galicia complétase con outro seminario sobre ciberseguridade, de carácter máis técnico, que se celebrará na Coruña o día 21 de marzo, de 18:30 a 19:45 horas , baixo o titulo A new approach to cleaning up the internet: and what cybersecurity companies, developers, and non-profit institutions must do to make it happen. Este seminario está organizado polo Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento (GCD) xunto ca Cátedra R en Ciberseguridade UDC-UVigo, a Cátedra Luis Fernández Somoza para a internacionalización dos estudos de economía e empresa da UDC e a Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea en colaboración coa AMTEGA.
O seminario terá lugar na Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña, A Coruña e terá prioridade para asistir o alumnado de doutoramento e dos mestrados de Innovación e Administración de Empresas, así como empresas e especialistas en ciberseguridade.

PUBLICIDADE