O blog dos trotamundos lánzase a facer comunidade

luns, 3 de xuño do 2013 Fernando Sarasketa

Unha das fotos compartidas por Manuel López: a excursión á Serra da Paramera

O blog El Rincón del Trotamundos, do que falamos hai pouco para dar conta dos seus quince anos de vida e as cousas que se estaban a facer para celebralos, semella querer seguir dando guerra durante outros tres lustros máis. A maneira de facelo? Pois lembrándolles a tódolos internautas-viaxeiros que a web dos trotamundos é cada día máis unha rede social, unha comunidade aberta á participación que agarda, polo tanto, polas vivencias de cada vez máis xente, con fin de non deixar recanto do mundo sen descubrir, documentar e amosar. “Ti tamén podes ser un dos nosos e participar, enviándonos reportaxes para que outros poidan coñecer as túas viaxes e aventuras e así compartir as experiencias e os achados”, sinalan os responsábeis do portal.
Como medidas a pór en marcha para incentivar esta arela de meirande colectividade, a páxina estableceu un acordo coa axencia LogiTravel para achegar aos viaxeiros-blogueiros todo o preciso (“os mellores prezos e servizos posíbeis”, sinalan) para desenvolver a súa afección favorita: descubrir mundo e escribir (e viceversa). Con este fin, vaise informar polo miúdo aos lectores de cousas a ter en conta como as mellores ofertas de destino dispoñíbeis ou os hoteis máis axeitados para os seus intereses e petos, entre outros moitos datos salientábeis.

PUBLICIDADE