O XabarÃn de plastilina segue a cobrar vida, desta volta dende unha aula de Lugo
luns, 26 de abril do 2010
A SecretarÃa
Xeral de Medios e a CompañÃa de Radio Televisión de Galicia, que estes dÃas están
a celebrar conxuntamente os 25 anos de vida do ente comunicativo, vén de
desembarcar na aula de Lugo da Rede CeMIT, onde levaron a cabo un curso de stop-motion sobre as técnicas de animación
con plastilina.
Durante o curso, un grupo de 25 alumnos
do IES de Pulpeiro traballaron na animación
do coñecido personaxe da TVG, o XabarÃn, que continuará a ser animado
por alumnos de Secundaria doutras seis localidades galegas dando lugar a unha
peza final co personaxe animado (montaxe do alumnado das sete aulas da Rede CeMIT
participantes). O grupo que realice, nas catro horas que dura o curso, a
animación de máis calidade recibirá un premio consistente nunha videocámara
dixital.
Ademais deste
curso, a aula de
Lugo conta tamén cun vÃdeo conmemorativo
e cunha exposición fotográfica aberta ao público que resume os 25 anos de vida
da CompañÃa e que poderá visitarse de balde ata o vindeiro 21 de maio.
