O Manifesto Crowd abre novos vieiros para aplicar no eido empresarial a fórmula das comunidades en liña
mércores, 19 de xuño do 2013- Antoni GutÃerrez-RubÃ, Francis Pisani e Juan Freire
Pode cambiar o noso xeito de traballar e obter
rendementos pola vÃa dos novos servizos da Rede, os servizos de tipo
social que promoven mobilizacións, recadacións e iniciativas
conxuntas? Estamos a piques de ver a utopÃa do traballo xusto e o
mercado responsábel finalmente realizada? Ben, pode que non tanto,
pero algo disto hai, sen dúbida, no noso dÃa a dÃa na Rede
apoiando unha iniciativa social ou empresarial en Verkami, facendo
fronte común en Change.org ou asinando con xente coma nós para ter
escolas na nosa lingua, bancos éticos ou fondos comúns contra os
recortes sociais. Para xente como Juan
Freire e Antoni
Gutiérrez-Rubà (coa colaboración de Francis
Pisani), responsábeis do Manifiesto
Crowd, está claro que hai futuro para un novo xeito de
facer riqueza, lonxe de mans corruptas (no caso de habelas, serÃan
quitadas do medio pola propia colectividade).
Falamos de empresas abertas e construÃdas polas
multitudes, plataformas cidadás reais que se prolongan, duplican e
materializan na Rede. O dito manifesto constitúe unha
proposta aberta dirixida a estudar os cambios da sociedade provocados
polos novos xeitos de comunicármonos (na liña de debate do
pasado congreso Ibercom, celebrado en Santiago) e a aproveitar
todo ese potencial para facer facer riqueza e novas iniciativas
empresariais. O libro descargábel
de balde, abrangue un manifesto integrado por 66 puntos coa
extensión dun tuit e que os responsábeis da obra convidan
a completar de xeito colectivo a través das redes sociais co hashtag
#mc. Asemade, achégase en cinco linguas, entre
as que se conta a nosa (en virtude da adaptación feita por Noela
Sánchez). Entre outras cousas, a proposta defende a transparencia de
información e, sobre todo, a creación dun novo modelo produtivo
onde os responsábeis das empresas non sexan xente desligada de todo
compromiso e contacto coas necesidades da contorna social na que se
erixen (unha boa parte dos nosos polÃticos e empresarios famélicos
de beneficios a toda costa), senón que entendan dunha vez por todas
esa verdade que se nos esquece: non hai riqueza posÃbel se a
sociedade que nos rodea non se beneficia (social, cultural,
medioambiental e economicamente) tamén.