O Computex 2020 celebrarase a finais de setembro
mércores, 25 de marzo do 2020
O coronavirus continúa a ter un grande impacto sobre a
axenda de eventos tecnolóxicos, e dado que en Asia xa ven a luz ao final do túnel,
algunhas organizacións optan por reaccionar mudando as datas dos seus encontros
en vez de cancelalos, grazas a que teñen tempo de reacción dabondo. Tal é o
caso do Computex 2020, previsto para os dÃas 2-6 de xuño, que vén
de mudar a súa data para os dÃas 28-30 de setembro.
O Computex é unha cita moi importante para os fabricantes asiáticos, que acoden
á feira para presentar as súas últimas innovacións, de xeito que poderÃa
converterse no grande escaparate de moitas das tecnoloxÃas relativas á 5G, as
telecomunicacións e os videoxogos, especialmente ante a falta doutros eventos
na primeira metade do ano.
O cambio na axenda refÃrese ao evento presencial, xa que paralelamente manterán
a data de xuño para a organización dun Computex en liña, para que os
compradores internacionais que normalmente acoden ao encontro teña unha canle
para coñecer novos lanzamentos e relacionarse con grande provedores de
solucións TIC.
Dende a organización do Computex confÃan en que a situación da COVID-19 se controle
durante o segundo trimestre do ano, de aà que decidisen adiar a súa feira para
un momento máis propicio, no que poderá xogar un rol prominente na recuperación
económica do sector, axudando á súa dinamización.