O Carballo Interplay recupera a xornada profesional con Portugal como paÃs convidado
mércores, 14 de xullo do 2021
O
Carballo Interplay, que
celebrará a súa oitava edición do 8 ao 11 de setembro, recupera a
programación profesional (o
DÃa PRO) con
Portugal como paÃs convidado. AsÃ, o Festival de Contidos Dixitais
da
vila bergantiñá
pretende abrir espazos de diálogo e fomentar alianzas entre
creadoras/es, produtoras e plataformas de Portugal, Galicia e España.
O
DÃa
PRO do Interplay 2021 será o venres 10 de setembro no Pazo da
Cultura de Carballo. A xornada estará dividida en dúas partes:
haberá presentacións e debates e, a maiores, establecerase un punto
de encontro para que creadoras/es, empresas produtoras das diferentes
comunidades e paÃses.
En
xeral, participarán persoas coñecidas no ámbito das
telecomunicacións. Destacan, por exemplo, Alberto Fernández,
director de contidos dixitais de RTVE; Raquel GarcÃa Trigueros,
directora de contidos e marketing
en
Freeda España, Clara Amechazurra Falagán, directora de contidos en
Freeda España, Rogério Gomes, xestor de proxecto en RTP Lab, e José
Pereira, director da área de Innovación e Negocio da CRTVG.
Cabe
mencionar que á última hora da mañá, participarán nos coloquios
distintas produtoras e creadores de contidos dixitais de Portugal
(convidados ao Carballo Interplay coa colaboración do Clúster
Audiovisual de Galicia). Estes presentarán as súas apostas de
presente e futuro. Ademais, á primeira hora da tarde, a directora de
polÃtica audiovisual da AGADIC, Dolores MeijomÃn, explicará o seu
programa anual de subvencións, que consiste nunha liña de axuda a
proxectos de webserie
en versión orixinal galega.
O encontro PRO comezará ás
16:30 horas. Nel, os creadores de contido poderán presentar os seus
proxectos a produtoras e distribuidoras galegas, españolas e
portuguesas como RTP Lab, CRTVG, Playz (RTVE), Freeda, Gaita
Filmes, Abano Producións, Miramemira, Maruxiña Film Company,
Cósmica Producións, Portocabo, VOZ Audiovisual, Promenade, Galo
Bravo, PiXbee, MT 360 / ManyTakes, Wonder Maria Films, Ankylosaur ou
Todos.
As
persoas interesadas en participar neste último espazo de encontro
poden facelo de xeito gratuÃto a través do formulario, antes do 16
de agosto. Os demais poden solicitar a súa acreditación ata o 31 de
agosto. O festival contará cun premio de 3.000 euros para a
produción de tres vÃdeos da serie do proxecto premiado.