O CPEIG e o Consello Económico e Social asinaron un convenio de colaboración
venres, 2 de xullo do 2021
O
Colexio
Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e o Consello
Económico e Social de Galicia asinaron un convenio de colaboración.
O
acordo, que ten como vixencia un ano, foi formalizado
polos
presidentes de ambas institucións, Fernando Suárez do CPEIG e
Agustín Hernández do CES- Galicia.
O
obxectivo é que ambas entidades actúen da forma máis eficaz e
eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e
organizativas de cada unha delas, co fin de beneficiar á cidadanía
e a sociedade galega. Así, a colaboración permitirá realizar de
maneira conxunta cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de
divulgación, como a edición de libros e documentos de traballo,
ademais de promover a actividade investigadora de ambas as dúas
institución.
O
presidente do CPEIG, Fernando Suárez, “valora de forma moi
positiva este acordo para ambas entidades. De feito, considera que
“para o CPEIG é moi importante colaborar cunha entidade como o
CES” e tamén destaca que “esta unión é unha mostra da
evolución da sociedade, tanto a nivel social como económico”, xa
que o impacto que está tendo a dixitalización en todo os sectores
posibilita que o CPEIG sexa un actor destacado para colaborar á hora
de chegar a todo o ecosistema galego –empresarial, administrativo
ou cultural–. Doutra banda, o presidente sinala que este “convenio
abre as portas para dar a coñecer o impacto da tecnoloxía en
Galicia e permite sentar as bases para que a comunidade poida ser
máis dixital e un pouco máis integradora e transparente”.