Novo cliente de Facebook desenvolvido en Silverlight

xoves, 28 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Microsoft leva anos desenvolvendo unha tecnoloxía chamada Silverlight que vén a ser unha alternativa ao Adobe Flash, e que pese a carecer con poucas páxinas web que a utilicen, é moi prometedora, e dentro das súas moitas aplicacións publican agora un cliente para a plataforma de redes sociais Facebook chamado Silverface, que facilita o acceso ás nosas notificacións de estado, permite navegar polas fotografías propias e dos noso amigos, xestiona as mensaxes de Facebook, permite acceder aos nosos contactos, consultar os nosos eventos nunha especie de calendario e moitas outras funcionalidades realmente atractivas que aparecen no noso escritorio simulando ser unha aplicación nativa (coma as ferramentas desenvolvidas con Adobe AIR) que, pese a tardar un chisco en iniciarse (e en facer algunhas cargas), conta unha interface sumamente atractiva, que ilustra á perfección o potencial de Silverlight para a creación de aplicacións de escritorio.

A visualización de fotografias en Silverface é cómoda e elegante

PUBLICIDADE