Artigos desta sección
Investigadores do CITIC destacan en IWINAC 2026 con tres traballos en robótica e IA
Os investigadores Richard J. Duro, Francisco Bellas, Alejandro Romero e Jaime Pérez Moro participaron na 11th International Conference on the Interplay Between Natural and Artificial Computation (IWINAC 2026), celebrada entre o 26 e o 29 de maio en Fuerteventura.
Ler máisIneo celebra a súa asemblea xeral ordinaria
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe na clausura da Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (Ineo), onde destacou a contribución da entidade ao fortalecemento do ecosistema tecnolóxico galego e puxo de relevo o papel clave do sector TIC na transformación e na competitividade da economía (...)
Ler máisO IDIS presenta a súa nova unidade mixta sobre IA aplicada á saúde
O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago acolleu este venres 5 de xuño a presentación da nova unidade mixta UMI-MedIA: Desenvolvemento e validación clínica de intelixencia artificial aplicada á saúde, concedida por GAIN á Fundación Pública Galega IDIS. As directoras de ambas as entidades Carmen Cotelo e Isabel Lista, participaron na presentación xunto a (...)
Ler máisSparc Foundry incorpórase á FP galega
A empresa Sparc Foundry incorpórase á Formación Profesional galega na área de Vigo, que concentrará a maior oferta formativa de Galicia no curso 2026-27 cun total de 11.221 prazas de novo ingreso.
Ler máisO Concello de Ames recibirá o Premio Colaboración Interadministrativa na Noite do CPEIG
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concederá o Premio Colaboración Interadministrativa ao Concello de Ames pola “súa capacidade para impulsar espazos de colaboración entre administracións, tecido empresarial, centros de coñecemento e cidadanía”, convertendo a cooperación institucional nunha “ferramenta real de transformación (...)
Ler máisA Cámara de Santiago, finalista nos Premios Cámaras de España pola súa formación innovadora para a mocidade do rural
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela foi seleccionada como finalista na categoría de Formación dos Premios Cámaras 2026, organizados pola Cámara de Comercio de España para recoñecer as iniciativas máis innovadoras, transformadoras e de maior impacto desenvolvidas polas cámaras de comercio de toda a xeografía (...)
Ler máisO Clúster TIC pon en marcha os servizos do CPD do CSA con descontos para socios e inquilinos
O Clúster TIC Galicia vén de poñer en marcha os servizos do Centro de Procesamento de Datos (CPD) situado no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC da Coruña, unha infraestrutura de altas prestacións deseñada, segundo lembra a agrupación empresarial, “para dar soporte a proxectos de intelixencia artificial, computación avanzada e procesamento (...)
Ler máisA Cruz Vermella de Galicia volve co seu Enredando Tour AMTEGA para reducir a fenda dixital no rural
A Cruz Vermella de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) veñen de unir forzas nun proxecto: Enredando tour AMTEGA co obxectivo de reducir a fenda dixital e achegar ferramentas para o uso das tecnoloxías ás persoas maiores de 55 anos.
Ler máisOs servizos dixitais consolidan a Galicia como unha rexión tecnoloxicamente avanzada
A aposta da Xunta por estender o acceso aos recursos tecnolóxicos situou Galicia entre as rexións máis avanzadas no ámbito dixital. O Goberno galego conmemora hoxe o décimo sexto aniversario da creación da AMTEGA. Durante este período, a porcentaxe de fogares con acceso á banda larga pasou do 46 % a superar o 90 (...)
Ler máisChatGPT mellora a súa memoria con Dreaming
OpenAI describe a súa actualización como unha evolución do proceso coñecido como dreaming, un mecanismo que sintetiza información de múltiples conversas en segundo plano para crear un estado de memoria máis coherente e actualizado. Esta arquitectura substitúe ou complementa os antigos saved memories, que dependían de instrucións explícitas do usuario e tendían a (...)
Ler máis0 | ... | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | 110 | ... | 48930
