Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Pagan 3 millóns de dólares polo dominio vodka.com

Parecía que a venda millonaria de dominios da Internet era unha cousa do pasado, quedando afastados casos coma o de sex.com ou business.com, pero agora a empresa Russian Standard parece resucitar esta práctica máis propia dos días da burbulla das puntocom pagando 3 millóns de dólares polo dominio vodka.com (que agora dirixe á súa web). A compañía que fixo (...)

Ler máis

Nace unha nova televisión pola Rede sobre o Vaticano

A axencia de novas televisivas sobre o Vaticano, Rome Reports, seguindo a tendencia xeneralizada nos últimos meses, estreou unha televisión a través da Internet, que empregará como plataforma para a difusión de novas diarias de 3 minutos de duración, documentais semanais de 26 minutos e reportaxes mensuais de 52 minutos. O servizo comeza en español e inglés (...)

Ler máis

Google entra no mercado dos dominios de Internet

As liñas de negocio de Google non paran de diversificarse e a compañía do buscador máis popular do mundo vén de pechar un acordo cos rexistradores de dominios de Internet GoDaddy e eNom de xeito que Google permite á xente que rexistren a través deles dominios .com, .net, .bi e .info por 10 dólares/ano que se configuran automaticamente para o servizo Google (...)

Ler máis

A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual abre o prazo de inscrición do seu curso sobre vídeo na Rede

Internet non só lle abre novas canles de expresión a xornalistas, escritores e, en xeral a toda aquela persoa que teña algo que dicir pero que non queira (ou non poida) contar con xornais ou editoriais como mediadores. Tamén abre interesantes vieiros para a expresión audiovisual, sobre todo no que se refire a curtametraxes (máis sinxelas de pendurar e (...)

Ler máis

O Concello de Santiago anuncia que o casco vello terá rede sen fíos Wimax antes de 2008

Hai novas que operan na sociedade de desigual maneira dependendo da estación do ano en que abrollen. Un claro exemplo é a da vindeira instalación no casco vello de Santiago dunha rede sen fíos Wimax que, entre outras cousas, permitiralles ós veciños (fixos e ocasionais) conectarse á Internet dende calquera recuncho da zona antiga da cidade: rúas, prazas, (...)

Ler máis

A plataforma Mancomun.org sinala que a presenza do software libre nas empresas TIC e no sector público galego é “especialmente significativa”

A xulgar polos máis recentes datos achegados pola plataforma Mancomun.org (integrada pola Consellería de Innovación e os grupos de usuarios de software libre de Galiza), semella que están a quedar xa lonxe os tempos nos que todo o mundo falaba ben dos programas informáticos de código aberto pero moi poucos os usaba. Eran tempos (se cadra non moi lonxanos, se (...)

Ler máis

Educación achegou á comunidade escolar galega 27.000 computadores en 2006

A Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, vén de facer reconto das actividades postas en marcha en 2006 para inserir o emprego das novas tecnoloxías da información na feitura e máis no contido do ensino en Galiza. É dicir: para poñer en valor a informática como método de aprendizaxe e como aprendizaxe en si mesma. Segundo apuntou a titular deste (...)

Ler máis

Microsoft sorprende cunha renovación da súa web

A páxina web principal (en inglés) de Microsoft renovou o seu estilo nestes días para adaptarse a imaxe do seu novo sistema operativo (Windows Vista) e á plataforma web Windows Live despois de varios meses de desenvolvemento, probas e depuracións desta nova imaxe, polo que adaptaron o deseño. Para a nova web tamén tiveron moi en conta ós usuarios, de xeito (...)

Ler máis

Unha web emprega a película do Señor dos Aneis para comparar DVD e HD DVD

¿Paga a pena a alta definición? É a pregunta que fan moitos consumidores cando queren comprar un televisor novo e os confunden con termos como HD Ready ou FullHD, e despois lles comentan que o DVD evolucionará no HD DVD e no Blu-ray. Deixando a un lado as distintas opcións tecnolóxicas, o que está claro é que a alta definición da unha calidade de imaxe moi (...)

Ler máis

A Persoa do Ano segundo a revista Time: TI

Ó remate de cada ano a revista Time elixe tradicionalmente a un personaxe representativo que marca o momento histórico que se está a vivir baixo o título do Home do Ano (actualmente a Persoa do Ano) e que destacou a personaxes coma Bill Gates, George W. Bush, Bill Clinton, Rudolph Giuliani, Jeff Bezos, Xoán Paulo II, Mikhail Gorbachev ou Gandhi, aínda que en (...)

Ler máis

0 | ... | 48470 | 48480 | 48490 | 48500 | 48510 | 48520 | 48530 | 48540 | 48550 | ... | 48930

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade