Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

El Corte Inglés, novo operador virtual de telefonía móbil

Habemus nova operadora de telefonia móbil. Neste caso non se trata dunha empresa desenvolvida expresamente para achegar servizos desta índole, senón máis ben dunha firma que semella querer cubrir unha chea de frontes: El Corte Inglés.

Ler máis

Analistas advirten do perigo cada vez maior dunha burbulla tecnolóxica 2.0

No sector das empresas vinculadas a Internet, o home do saco chámase “burbulla tecnolóxica”. Cada unha e á súa maneira, ten que loitar cada día contra a mesma ameaza: cando tocaremos teito? Perderá a xente a confianza nas redes de comunicación? Nin sequera os negocios da chamada Web 2.0, a que fai do cliente ou usuario dos servizos en liña participante activo da (...)

Ler máis

Un blog amosa como falar e escribir en xaponés a través da publicidade

O blog Japanese Ads é ideal para quen: 1º Queira aprender a falar e a escribir xaponés. 2º Para quen estea disposto a facelo a través de sesións de visionado de múltiples exemplos de publicidade e estea seguro de que non vai sucumbir na tentativa. A fin de contas e, aínda que en ocasións nos custe recoñecelo, estamos tan familiarizados cos códigos da publicidade (...)

Ler máis

Cisco denuncia a Apple por empregar a marca iPhone sen a súa autorización

Linksys leva tempo comercializando produtos baixo a marca iPhone Cando non transcorreron nin dous días dende que a compañía Apple anunciara con bombas de palenque o lanzamento dun novo dispositivo que integra móbil, acceso a Internet e iPod nun só aparello, o grupo informático estadounidense Cisco Systems vén de presentar perante un tribunal de California (...)

Ler máis

O oso Mitrofan, personaxe do ano no blog catalá Busot

Nestes días bisagra (finais dun ano, principios do seguinte), a vida semella que se divide por unha banda entre facer reconto dos mellores personaxes e inventos dos pasados doce meses e, pola outra, en prognosticar o máis salientable dos vindeiros. E así se nos vai pasando o tempo, xogando a adiviños e a historiadores e atopando na Web o espazo ideal para (...)

Ler máis

Google dixitalizará 300 mil libros de cinco bibliotecas catalás

Google quere caer ben en Catalunya? Posiblemente, mais de seguro que non é mal xeito de comezar poñendo a disposición dos seus habitantes e dos do mundo enteiro 300 mil libros das súas bibliotecas a través de Google Books. Trátase de obras case todas escritas en catalán (aínda que hai volumes en castelán, francés, latín, inglés ou alemán) que non están (...)

Ler máis

Afiánzase na Rede a presenza de servizos que nos axudan a atopar os concertos, as viaxes e os festivais ó mellor prezo (e se son pola patilla, mellor)

Internet serve para facer que o mundo sexa tan pouca cousa que até colle pola túa pantalla, pero cómpre ter coidado, porque de 99 voces que se escoitan e mensaxes que se len, só un (como moito) será unha mensaxe desinteresada, persoal, que che mira (por así dicilo) directamente ós ollos. Para entendérmonos: que pasa se facemos en Google unha procura con (...)

Ler máis

Danse a coñecer na web dos Premios Darwin (un ano máis) os galardóns ás mortes máis procuradas

Hai páxinas que non pasarán nunca á historia do deseño gráfico polas súas calidades e que, porén, reciben en certas épocas do ano máis visitas que case ningunha outra. É o caso da web que mantén Wendy Northcut dende mediados da década dos noventa (non lle debeu dar unha man de pintura dende aquela, polo que se ve) e que é, por así dicilo, a cara visible de The (...)

Ler máis

Chuza! supera a liña das 6.000 visitas diarias

Un mes e medio despois de deixar atrás a liña das 5.000 petadas na porta por xornada, a rede colectiva de información Chuza! acadou o pasado 9 de xaneiro a nada desprezable cifra de 6.623 visitas e 101.908 páxinas visitadas. Cómpre lembrar certas características deste espazo de información. Trátase dun sitio galego de novas, posto a andar polo noso amigo Berto (...)

Ler máis

Os televisores de Sony virán equipados para reproducir vídeos da Internet

Se lle facemos caso a Bill Gates en Las Vegas, televisión, computador, cámara dixital e teléfono móbil (entre outros aparellos que agora non nos veñen ós miolos) serán (ou deberían ser) no futuro unha mesma cousa. Todo o que se faga polo tanto a prol da compatibilidade, da linguaxe tecnolóxica común, de ceibarnos por fin das enleadas de fíos de enchufes no fogar, (...)

Ler máis

0 | ... | 48380 | 48390 | 48400 | 48410 | 48420 | 48430 | 48440 | 48450 | 48460 | ... | 48930

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade