Artigos desta sección
Redondela moderniza a súa oferta turística cunha nova aplicación web con xeolocalización e audioguías
O Concello de Redondela presentou a súa nova aplicación web, que xa está operativa en turismoredondela.com. Con esta nova ferramenta o municipio quixo dar un paso estratéxico na dixitalización do seu sector turístico, co obxectivo de ofrecer aos visitantes unha experiencia “máis accesíbel, moderna e completa para descubrir os tesouros do municipio”, explicou a (...)
Ler máisX presenta as liñas de tempo personalizadas
A rede social X vén de anunciar unha das súas actualizacións máis ambiciosas coa chegada das liñas de tempo personalizadas, unha funcionalidade que permite aos usuarios organizar o contido do seu feed en función de intereses concretos. A novidade foi presentada por Nikita Bier, responsable de produto da plataforma, que cualificou o desenvolvemento como «un (...)
Ler máisGoogle acelera a súa estratexia en IA e cloud
Google celebrou o evento Cloud Next 2026 cunha mensaxe centrada no forte crecemento do seu negocio na nube e na aceleración do desenvolvemento de tecnoloxías baseadas en intelixencia artificial. Sundar Pichai destacou que os modelos propios da compañía xa procesan máis de 16.000 millóns de tokens por minuto a través de API, fronte aos 10.000 millóns (...)
Ler máisAs novas violencias machistas na Rede centran unha xornada da Deputación da Coruña, este xoves
A Deputación da Coruña organiza este xoves 23 de abril unha xornada centrada nas novas violencias machistas dixitais, no marco da súa campaña De Fronte, unha iniciativa orientada á prevención e á loita contra a violencia de xénero. A actividade terá lugar no Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) en horario de 9:30 a 19 horas e as persoas interesadas pódense (...)
Ler máisLicitada por máis de 775.111 euros a instalación da infraestrutura do CPD do Hospital Novo Montecelo
A Xunta, a través da Consellería de Sanidade, publicou no Portal de Contratos de Galicia a licitación, por un importe de 775.111 euros, do subministro e instalación da infraestrutura tecnolóxica para a posta en marcha do Centro de Procesamento de Datos (CPD) do Hospital Público Novo Montecelo de (...)
Ler máisO CIP pecha a súa 13ª edición con máis de 4.250 seareiros dos novos contidos
O festival de contidos dixitais Carballo Interplay puxo este domingo o ramo á súa 13ª edición logo de catro xornadas de programación no Mercado de Carballo. Nesta convocatoria o CIP foi quen de consolidar o seu papel como “punto de encontro para o talento dixital, a creación audiovisual e a reflexión arredor da cultura de Internet”, salientou a organización (...)
Ler máisA Policía Nacional desartella TuMangaOnline
A Policía Nacional desarticulou en Almería a maior plataforma de distribución ilícita de manga en español, un servizo en liña activo desde 2014 que acumulaba millóns de usuarios en todo o mundo. A operación saldouse con tres persoas detidas como presuntas responsables dun delito continuado contra a propiedade intelectual e cun volume de ingresos que superaría (...)
Ler máisO novo Plan Innova FP contará cun hub de ferramentas de realidade estendida
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na apertura do Congreso FP Innova 2026, onde destacou que o novo Plan Innova FP Galicia 2026-2030, cun orzamento de preto de 30 millóns de euros, porá á disposición do profesorado novos recursos para facilitar a docencia, ao tempo que se completa e mellora a cualificación (...)
Ler máisTodo listo no CESGA para a celabración do Día Internacional das Rapazas nas TIC coa participación de 250 estudantes
Mañá, xoves 23 de abril, celébrase o Día Internacional das Rapazas nas TIC (International Girls in ICT Day) e co gallo desta data o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Secretaria Xeral de Igualdade organizan a décimo cuarta edición deste encontro. Trátase dunha actividade (...)
Ler máisA Cámara de Santiago achega formación tecnolóxica para fomentar o emprendemento e a empregabilidade
A Cámara de Comercio de Santiago puxo en marcha unha serie de actividades formativas dirixidas a persoas inactivas, desempregadas ou en mellora de emprego que conten cunha idea ou proxecto de negocio e necesiten apoio en aspectos clave da xestión empresarial, mellorando así as súas competencias emprendedoras e empresariais. O paquete de accións ten un cariz (...)
Ler máis0 | ... | 420 | 430 | 440 | 450 | 460 | 470 | 480 | 490 | 500 | ... | 48930
