Artigos desta sección
Ya.com fusiona nun único terminal telefonía fixa e móbil
Levamos varios meses vendo terminais de telefonía móbil que permiten a converxencia entre a telefonía fixa e a móbil, pero estabamos á espera de que algún operador os lanzase en España, e o primeiro vén de ser Ya.com, que comercializa o terminal T-One de Deutsche Telekom que permite facer chamadas de telefonía fixa dentro do domicilio do usuario (conectándose (...)
Ler máisO 80% dos españois aínda non viron a TDT
A Televisión Dixital Terrestre (TDT) leva en España dende o ano 2000 e tivo un relanzamento a finais de 2005, no que parecía unha aposta firme por parte do Goberno, as canles televisivas e a industria da electrónica de consumo, pero o tempo parece non soster este parecer, xa que segundo os datos publicados por Francisco Ros, secretario de Estado de (...)
Ler máisTouriño anuncia máis ordenadores para os centros educativos e axudas para a compra de equipos informáticos por parte das familias galegas
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou este luns que o Goberno autonómico iniciará un programa de promoción das TIC que dotará de 35.000 ordenadores ós centros educativos e promoverá axudas ás familias galegas para a compra de 20.000 equipos informáticos.As declaracións de Touriño enmarcáronse dentro do acto inaugural do II Encontro Internacional de (...)
Ler máisComeza a venderse no Xapón a consola de videoxogos Nintendo Wii
O lanzamento das novas consolas de videoxogos se están saldando con multitudinarias colas en tendas de todo o mundo, e así puidemos ver coma milleiros de persoas esperaron polo lanzamento da PS3 no Xapón e nos EE.UU. e a Nintendo Wii nos EE.UU., replicándose estas últimas reaccións no Xapón, posto que na pasada fin de semana chegou ás tendas a consola de (...)
Ler máisA CiberIrmandade pídelle á academia para opositores Cefiasa a versión galega da súa web
Calquera entidade que opere dende Galicia e que teña que tratar con cidadáns que falan o galego ten a obriga de, cando menos, familiarizarse coa lingua e favorecer o contacto con ela. Isto que é aplicable á vida real, tamén o é á virtual, onde a riqueza idiomática corre serios riscos de acabar asolagada por dúas ou tres linguas dominantes.Apostar polo galego (...)
Ler máisOfrecer contidos e servizos para móbiles dende Galicia é posible, segundo as empresas do sector
Pode Galicia, que non conta con operadora de telefonía móbil propia de seu, chegar a converterse nun referente en desenvolvemento de servizos para móbiles? A xulgar polas opinións dos asistentes á xornada do Foro Multiplataforma organizada este luns en Santiago polo Clúster do Audiovisual Galego, a resposta á pregunta coa que abrimos este artigo é “si”; mais, (...)
Ler máisMasbaratonadie.com: iniciativa galega para facernos o lecer máis accesible
Tendo en conta que hoxe en día unha boa parte dos paquetes de viaxes, entradas para concertos ou obras de teatro ou novidades tecnolóxicas mércanse xa na Rede, resulta importante e salientable que haxa iniciativas orientadas a poñer un pouco de orde nun mercado en liña saturado abondo. Amais, a situación dificilmente empeorará se a devandita iniciativa vai (...)
Ler máisOs fabricantes chineses apostan polo EVD coma sucesor do DVD
Cando se anunciou que os formatos de disco chamados a suceder ó DVD (o Blu-ray e o HD DVD) empregarían compresión MPEG-2 moitos expertos botaron as mans a cabeza pola perpetuación dunha tecnoloxía de obsoleta, o que queda constancia en case calquera reprodutor de DVD actual, que soportan formatos MPEG-4 (DivX e Xvid) sen precisar dun hardware adicional de (...)
Ler máisRecoñecen a Tele2 Comunitel como unha das 5 operadoras máis importantes de España
A Comisión do Mercado das Telecomunicacións realiza dende hai anos unha clasificación cos 5 principais operadores en España, formado por Telefónica, ONO, France Télécom, Euskaltel e, ata hai pouco Jazztel, empresa que vén de caer da listaxe, desbancada por Tele2 Comunitel.Así, a operadora con domicilio social en Vigo conta co estatus de operador principal de (...)
Ler máisMicrosoft espera pórlle freo ás copias piratas co seu novo sistema operativo
A práctica da piratería é unha das grandes bestas negras dos desenvolvedores e fabricantes de software propietario, e Microsoft non ía ser unha excepción á regra. A multinacional de Redmond, dalgún xeito representante no mundo deste tradicional xeito de entender o negocio do software, vén de mover ficha contra a distribución de copias ilegais dos seus (...)
Ler máis0 | ... | 42170 | 42180 | 42190 | 42200 | 42210 | 42220 | 42230 | 42240 | 42250 | ... | 42570