Artigos desta sección
As bitácoras, por diante da publicidade en televisión en termos de fiabilidade
Tendo en conta que nunha boa parte dos anuncios de televisión que chegan hoxe en día ás nosas pantallas saen reflectidos tódolos peores estereotipos da sociedade actual (hai contidos sexistas até na publicidade dirixida ós nenos, por non falar da glorificación do consumismo), se cadra non ten moito mérito o dato achegado por Ipsos MORI referente á fiabilidade (...)
Ler máisEste martes celébrase o Día Mundial da Usabilidade
A usabilidade é un concepto que define a facilidade e optimización do uso de interfaces de usuario (tanto físicas como lóxicas) que en moitos casos resulta sumamente descoidada por enxeñeiros, programadores e deseñadores, polo que a UPA (The Usability Professionals’ Association) organiza un evento global para concienciar sobre o problema e que se concreta coa (...)
Ler máisOs xornais en papel electrónico poderían chegar en 2008
A tecnoloxía coñecida coma papel electrónico, consistente nun soporte flexible e de baixo consumo que permite amosar información coma se dun papel ordinario se tratase, pero podendo actualizar os seus contidos, está a dar lugar a moitos prototipos prometedores que poderían converter en realidade a impresión sen papel en pouco tempo, baseando a distribución dos (...)
Ler máisTriunfo galego nos BoBs
Os premios internacionais organizados pola Deutsche Welle para destacar ós mellores blogs do mundo, os BoBs, xa teñen gañadores na presente edición, liderando ós premiados o weblog norteamericano Sunlight Foundation, que é un blog colectivo que ten coma obxectivo que o Goberno e as autoridades estadounidenses teñan máis transparencia e incluso serviu para (...)
Ler máisA brutalidade policial protagoniza un vídeo en YouTube
En 1992 unha gravación dun videoafeccionado na que se vía como un cidadán de cor, Rodney King, era golpeado de xeito brutal por uns policías en Los Ángeles, provocou unha vaga de violencia nos EE.UU. no que consideraban que era un acto de brutalidade policial provocado por motivos raciais, e agora a Internet podería ser o detonador de conflitos semellantes, (...)
Ler máisA FOX denuncia os perigos do acceso á Internet a través da PSP
A protección dos menores é un tema complexo e sempre polémico, pero atribuír ós perigos inherentes á Internet ós dispositivos que permiten o acceso á mesma pode resultar excesivo e, se vemos unha nova que difundiu recentemente a FOX na televisión norteamericana, parece que respondería a intereses ocultos en aras de desacreditar un produto en concreto.Así, a FOX (...)
Ler máisO sistema de correo web de Yahoo! podería integrar mensaxería instantánea
Yahoo! está a renovar os seu cliente de correo electrónico, e tras unha completa remodelación da súa interface nas pasadas semanas, agora parecen querer achegar máis prestacións os seus máis de 250 millóns de usuarios activos mensualmente, de xeito que estudan a integración do Yahoo Messenger dentro do seu sistema de correo web, de xeito que non se precisaría da (...)
Ler máisA SGAE prognostica que a piratería desaparecerá no prazo dun lustro
A SGAE non deixa de sorprender ós internautas. Esta vez foi o director do gabinete de relacións institucionais da Sociedade, Pedro Farré López, quen recentemente asumiu o papel de adiviño nun encontro que mantivo con periodistas en Santiago e prognosticou a fin da piratería en Internet nun prazo de cinco anos. Segundo Farré, a piratería dixital “non vai (...)
Ler máisTecnópole organiza a partir do día 16 unha mostra de proxectos de investigadores novos (de 12 anos en adiante)
Tecnópole (San Cibrao das Viñas, Ourense) vai ser entre o 16 e o 18 de novembro un centro de difusión de todos aqueles aspectos da ciencia cos que se consigue desenvolver “vocacións” investigadoras entre a mocidade. O motivo? A celebración da Semana da Ciencia (coordinada pola Consellería de Innovación) neste parque tecnolóxico galego, que se festexará con (...)
Ler máisO Apple Centre de Santiago acolle os sábados de novembro seminarios sobre ferramentas informáticas para docentes
O AS Computer MacCenter de Santiago está a organizar este mes de novembro diversas presentacións e seminarios gratuítos relacionados con solucións informáticas innovadoras e, en termos do centro, “ideais para levar a cabo traballos docentes e de investigación”.Nestas actividades, que se celebran o sábado 11 ó mediodía (Podcast) e o sábado 25 (Revista escolar), (...)
Ler máis0 | ... | 42110 | 42120 | 42130 | 42140 | 42150 | 42160 | 42170 | 42180 | 42190 | ... | 42400