Artigos desta sección
Unha empresa de Santiago achega tecnoloxía para mellorar o labor preventivo dos corpos policiais
Pode a tecnoloxía variar a percepción que temos dos órganos policiais? Pode facelos máis eficaces e convertelos en pleno senso nos ollos na rúa das corporacións locais? Se atendemos ó que nos conta a empresa galega eLaboro, con sede en Santiago, a resposta ás dúas preguntas é sen lugar a dúbida “si”. Mais é preciso (unha vez máis) abrir ben os ollos ante o (...)
Ler máisUnhas xornadas ilustrarán ós empresarios boirenses sobre as vantaxes das TIC para os seus negocios
A Federación de Empresarios do Barbanza en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza no salón de actos do Centro Social de Boiro do día 3 ó 5 de decembro unha xornada sobre os Beneficios das TIC para a miña PEME que pretende concienciar ós empresarios sobre os beneficios que presentan as tecnoloxías da información e a (...)
Ler máisA USC acolle unha xornada sobre informática social e desenvolvemento urbano-rexional
A Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela vai acoller, o vindeiro 11 de decembro, unha xornada sobre informática social e desenvolvemento urbano-rexional que organiza o Centro de Estudos Euro Rexionais Galiza-Norte de Portugal co apoio da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información. Esta (...)
Ler máisContinental lanza unha plataforma de comercialización de contidos en Internet
Da alianza da galega Continental con El Deseo, Golem, Tornasol, Vértigo Films, Wanda Visión, Alta Films e Cameo vén de sair á luz o portal web de contidos cinematográficos Filmin. Esta nova páxina, que incluirá dentro da súa oferta contidos en galego, perfílase como unha comunidade cinematográfica integral que servirá, entre outras cousas, para darlle pulo ós (...)
Ler máisMáis de 200 empresas galegas conseguen a súa propia web grazas ó Programa NEW
Máis de 200 empresarios galegos procedentes de todo tipo de sectores participaron nas xornadas de formación que o programa NEW (Ningunha Empresa sen Web) vén de celebrar na nosa comunidade ó longo dos pasados días. Aquí, coma no resto das comunidades, as xornadas estaban propostas dun xeito práctico e participativo, nas que un grupo de formadores explicou (...)
Ler máisZed City prepárase coma un mundo virtual integrado co móbil
A empresa especializada en contidos móbiles LaNetro Zed está a preparar un mundo virtual no máis puro estilo de Second Life que permitirá chatear e socializar con amigos e mesmo crear e incluír contidos propios no xogo dende o ordenador (coma vídeos, imaxes ou música). Zed City permitirá personalizar o avatar e o espazo do usuario, permite a descarga e subida (...)
Ler máisUnha conferencia en Compostela exporá as solucións baseadas na Rede para empresas de servizos profesionais
Hoxe terá lugar no Club Internacional de Prensa en Santiago de Compostela unha conferencia para analizar as solucións que ofrece a Internet ás empresas de servizos profesionais, organizada pola Asociación de Empresas Galegas Adicadas á Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da (...)
Ler máisA ETSE de Santiago acolle este mércores 28 unha xornada sobre a Web do mañá
Este mércores 28 de novembro a Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago (USC) acolle o encontro Novas tendencias na Web: a Web 3.0, organizada polo Grupo de Sistemas Intelixentes do Departamento de Electrónica e de Computación da dita institución educativa. O encontro, financiado pola Consellería de Innovación, inclúe co seguinte (...)
Ler máisA Wii inspira un escanciador virtual de sidra
A tecnoloxía da Nintendo Wii non só se pode empregar para os xogos, senón que un proxecto da Fundación CTIC permite simular o escanciado de sidra mediante un vaso e unha botella especiais, conectados a unha pantalla na que se pode ver virtualmente a caída do líquido (e mesmo se escoita o ruído que fai a sidra ó golpear o vaso, que reproduce a correspondente (...)
Ler máisA última versión de Mac OS X recibe duras críticas
O lanzamento de novas versións de sistemas operativos nunca están exentas de polémica, pero non só Windows Vista está a recibir críticas moi duras, senón que a última versión do Mac OS X, tamén coñecida coma Leopard, podería ser a primeira renovación do sistema operativo de Cupertino que tras unha primeira acollida moi animada e grande éxito de vendas se atope con (...)
Ler máis0 | ... | 40070 | 40080 | 40090 | 40100 | 40110 | 40120 | 40130 | 40140 | 40150 | ... | 42440