Artigos desta sección
Orange lanza Afterworld, unha serie de animación para móbiles
Mandar SMS, facer videochamadas, gravar vídeos, tomar fotografías ou xogar son só algunhas das tarefas que se poden realizar a través dun móbil corrente dende hai xa algún tempo e que están ó alcance de case calquera usuario. Mais se nos referimos aos petos máis privilexiados, podemos engadir unha nova experiencia que se está a poñer de moda entre os (...)
Ler máisA tradución do Windows Vista ao galego presentarase o 8 de abril (e xa se pode descargar)
A Fundación Galega da Sociedade do Coñecemento (FSC), Ineo e Microsoft celebrarán a presentación Novas Ferramentas TIC en Galego para mellorar a produtividade que terá lugar o vindeiro 8 de abril na Sala Obradoiro do Palacio de Congresos de Santiago de Compostela e que servirá para dar a coñecer a tradución de Windows Vista ao galego. O acto, que contará coa (...)
Ler máisUnhas 50 persoas participaron en Lugo nunha xornada sobre eAministración no local
A teoría e práctica a Administración Electrónica están aínda por escribir. Sábese que hai que apostar por ela e que ese é o camiño axeitado para percorrer, pero é ben complicado ver claro alén dos primeiros metros. Dito doutra maneira: facer prognósticos sobre as novas tecnoloxías aplicadas á relación dos cidadáns cos seus organismos públicos é case tan difícil como (...)
Ler máisPolítica Lingüística promoverá o galego na nenez a través das novas tecnoloxías
A Secretaría Xeral de Política Lingüística está a priorizar a promoción do galego na infancia a través de diversos produtos de lecer, entre os que cómpre salientar a dobraxe de películas dirixidas aos máis novos, a organización de campañas de animación á lectura, a posta á disposición das familias de música en galego e a difusión de novas ferramentas tecnolóxicas na (...)
Ler máisNovo concurso de vídeos para afeccionados ó Guitar Hero
Os fanáticos de Guitar Hero poden participar nun novo concurso ó que poden remitir un vídeo no que se lles vexa xogando ó Guitar Hero III: Legends of Rock ou tocando a guitarra do xogo. O gañador será elixido por Lemmy de Motorhead e poderá voar a Los Ángeles para participar nunha sesión especial de captura de movementos que lle permitirá gozar da experiencia (...)
Ler máisAgestic celebra unha Xornada de Dinamización en Lugo
A Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías (Agestic) vén de anunciar a celebración dunha Xornada de Dinamización da I+D+i entre empresas e investigadores do campus de Lugo que terá lugar o vindeiro 2 de abril no edificio Cactus da cidade da Muralla. Agestic colabora coa Consellaría de Innovación e Industria, a Universidade de Santiago de (...)
Ler máisO novo traballo de Loquillo corre perigo de ser pirateado antes de saír á luz
Segundo vén de informar a axencia Efe, o músico e escritor barcelonés Sabino Méndez sufriu recentemente o roubo de dous ordenadores persoais que contiñan o arquivo dixital do seu vindeiro libro, así como diversas copias das cancións que tiña composto para o novo disco de Loquillo, artista co que levaba preto de dezasete anos sen colaborar. O propio autor (...)
Ler máisPiratean un MacBook Air en só 2 minutos
A organización do congreso de seguridade informática CanSecWest celebrado estes días nos EE.UU. propuxo un reto coñecido coma PWN2OWN consistente na intrusión e toma de control de equipos informáticos por distintos métodos de crackeo, que nesta edición contaba coa novidade de que os participantes contaban con 3 equipos coma obxectivo dos seus ataques (un VAIO (...)
Ler máisA curta galega O bufón e a Infanta abrirá o Festival de Málaga
O Festival de Málaga terá presenza galega, e en postos de privilexio, concretamente na apertura da sección oficial de curtametraxes, que correrá a cargo da empresa da Coruña Dygra. Esta acode para presentar O bufón e a Infanta, obra xa nomeada previamente ós Goya e que tira partido do máis anovador en materia de novas tecnoloxías ó servizo da animación. A (...)
Ler máisO Chuza francés, sancionado pola xustiza
O Chuza francés está no seu país de orixe nun punto decisivo da súa historia. Ou, para dicilo doutra maneira, está neste intre facéndose maior, e do xeito máis destemplado posible: cunha condena da xustiza. O caso é que se trata da primeira vez que unha comunidade en liña posta en marcha por internautas se ve unha enleada semellante, segundo informa El País, e a (...)
Ler máis0 | ... | 39220 | 39230 | 39240 | 39250 | 39260 | 39270 | 39280 | 39290 | 39300 | ... | 42400