Artigos desta sección
Azureus publica a listaxe das operadoras que máis atrancos poñen ao P2P
Os responsables de Azureus, un dos clientes máis populares da rede BitTorrent, fixeron un estudo (descargable en formato PDF) sobre os atrancos que as operadoras de acceso á Rede poñen ao tráfico P2P, para o que desenvolveron un engadido para a súa aplicación que analiza o reseteo de conexións e que foi instalado por uns 8.000 usuarios, de xeito que recolleron (...)
Ler máisIr Indo estrea unha versión web do seu dicionario de galego
Co gallo do Día do Libro, a editorial galega Ir Indo colgou na web unha edición electrónica do seu novo dicionario de galego, con máis de 65.000 entradas e recollendo todas as modificacións das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003. Cada unha das entradas no dicionario incorpora as (...)
Ler máisO Blu-ray entra no mercado a un ritmo demasiado lento
A fin da guerra de formatos de vídeo de alta definición parece que non solucionou a situación pola que está a pasar a industria cinematográfica, de feito que as vendas de discos Blu-ray non compensan o descenso de vendas en DVD, xa que o público aínda non está interesado nos novos soportes, que teñen unha demanda moi reducida, xa que o salto do DVD ao Blu-ray (...)
Ler máisFacenda certifica as vantaxes do software da galega Sotronic, idóneo para dixitalizar oficinas
Fálase moito da Administración Electrónica, aquela que se interrelaciona cos cidadáns a través de ferramentas que liberan ós segundos de longos trámites e de desprazamentos (amais de favorecer a participación destes no eido público), pero non se fala tanto da dixitalización do tecido empresarial, se cadra porque as súas vantaxes afectan a colectivos máis (...)
Ler máisAgestic afonda este xoves nas vantaxes das redes para os autónomos
Este xoves 24 de abril, Feaga e Agestic celebran en Lugo unha xornada de difusión das vantaxes das novas tecnoloxías información para os autonómos. A cita será a partir das 19.00 horas no número 66 da rúa Montero Ríos, e trataranse temas como a Administración Electrónica, a banca dixital para a empresa, a procura de información na Rede, as compras en liña, o (...)
Ler máisCaixa Galicia estrea canle en YouTube
O grupo Caixa Galicia vén de anunciar unha canle propia en YouTube, que servirá para amosar os contidos audiovisuais máis importantes repartidos en tres listas de reprodución: Fundación Caixa Galicia, Obra Social Caixa Galicia e Financeiro. CaixaGaliciaTV, aparte de ofrecer vídeos, tamén achegará ao usuario un valor engadido incluíndo vídeos de asesoramento e (...)
Ler máisEganet pide ás cámaras de comercio que supriman ou modifiquen o programa Maspyme
A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías (Eganet) vén de poñer de relevo o seu “desacordo” coa convocatoria de axudas publicadas polas cámaras de comercio, industria e navegación e máis concretamente as que veñen incluídas no programa Maspyme. Deste xeito, a entidade galega do sector TIC fíxolles chegar nunha misiva o seu (...)
Ler máisXa se poden presentar vídeos en MÍVICO, o certame da imaxe dixital de Ponteareas
Xa está aberta a convocatoria dun dos encontros do audiovisual e do dixital de máis proxección de Galiza: a Mostra Independente de Videocreación do Condado, MÍVICO 08. O certame, que xa enfía cara a súa segunda convocatoria, manterá aberto o prazo para presentación de obras até o 3 de agosto, nas tres categorías que abranguen as súas bases: videocreación, (...)
Ler máisO software libre e galego habilitado por mancomun.org chega ás cen mil descargas
Xa o puidemos comprobar en Xuventude Galiza Net no stand de mancomun.org (porque unha cousa é imaxinar as máis que probables descargas e outra ben distinta ver o reparto diante): o paquete ofimático OpenOffice traducido ó galego tivo que ser obxecto dunha reposición e dun control constante, tal foi o interese dos visitantes por carretalo a casa. De feito, (...)
Ler máisA WWE estrea rede social e serve de cuadrilátero para as primarias norteamericanas
A loita libre da asociación World Wrestling Entertainment (WWE) estase a converter en todo un fenómeno global que nace na televisión e chega os videoxogos e á Rede, polo que dende a organización deste espectáculo veñen de crear a WWE Fan Nation, que vén a ser unha rede social para os seguidores da loita libre e que permite crear perfiles, compartir fotografías (...)
Ler máis0 | ... | 39140 | 39150 | 39160 | 39170 | 39180 | 39190 | 39200 | 39210 | 39220 | ... | 42530