Artigos desta sección
A galega Commcenter pechou 2010 cun beneficio de 1,9 millóns de euros
A empresa galego-rioxana Commcenter, distribuidora nacional do operador Movistar de capital independente, vén de facer reconto, co gallo da súa xunta xeral, das contas anuais do exercicio 2010, segundo fixeron saber os propios responsables da compañía “enormemente positivas”. A firma, centrada sobre todo na achega de servizos de telefonía, está a consolidarse (...)
Ler máisTras 11 semanas, dispoñible en galego o Internet Explorer 9
Estamos afeitos a falar dos esforzos que fan distintos colectivos para que o software que empregamos a diario estea dispoñible na nosa lingua, de aí que non resultase agradable comentar que na estrea do Internet Explorer 9 para Windows Vista e 7 o éuscaro e o galego quedaron marxinados (de feito, a actualización da aplicación non podía instalarse en equipos (...)
Ler máisGoogle presenta un servizo de moedeiro electrónico baseado no móbil
As oficinas neoiorquinas de Google acolleron hoxe unha presentación de Google Wallet, un servizo desenvolvido en colaboración con Citi, MasterCard, First Data e Sprint para permitir converter os móbiles con tecnoloxía NFC (como o Nexus S) nun sistema de pagamento que pode ir moito máis aló de substituír ás tarxetas de crédito, pois aparte de axilizar a (...)
Ler máisEmilio Duró participará na tarde do venres nunha charla organizada polo CPEIG en Compostela
Este venres ás 6 da tarde na Facultade de Ciencias de Comunicación en Santiago de Compostela botará a andar o Ciclo de charlas sobre tecnoloxía, liderado e intelixencia emocional organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) cun relatorio de Enrique Duró, profesor que acadou grande repercusión na Rede grazas á forza das súas (...)
Ler máisOs técnicos de Gradiant informan das vantaxes das TIC no centro Navalón
Este xoves 26 de maio, os investigadores do centro galego Gradiant (Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia) proseguen a súa liña de visitas formativas a prol da difusión do coñecemento polos centros de Educación Especial da nosa terra. A cita, inserida dentro do proxecto Tecnoloxías especiais para persoas especiais, será desta volta na escola (...)
Ler máisProsegue o itinerario pola nosa terra da mostra multimedia sobre Lois Pereiro
Lois Pereiro, o poeta de Monforte recentemente homenaxeado no Día das Letras Galegas, segue a ser fonte e xermolo de todo tipo de accións culturais e conmemorativas da nosa lingua e a nosa cultura, algunhas delas directamente relacionadas coas cuestións que artellan esta web: as novas tecnoloxías da información. Segundo nos informa o selo discográfico e (...)
Ler máisTécnicos en transferencia de todo o Estado daranse cita en Ourense a partir do 1 de xuño
A transferencia tecnolóxica, o seu nome xa nos adianta algunha clave, consiste no establecemento de comunicacións e colaboracións activas e rendibles entre os eidos de investigación académica e os tecidos produtivos do seu contorno. Na nosa terra, tódalas universidades dan acubillo a nexos de unión desta índole, e a Universidade de Vigo non é unha excepción. (...)
Ler máisA comunidade galega de tradución de software libre reúnese este sábado da man de Trasno
O colectivo Trasno, centrado na promoción do software libre na nosa terra, facendo fincapé na súa achega en galego, organiza este sábado 28 de maio a súa seguinte xuntanza trasneira, un encontro que servirá para establecer as liñas a seguir pola dita plataforma de usuarios e deseñadores de programación aberta e, tamén, para fomentar a colaboración acerca dun (...)
Ler máisUnha aplicación galega para iPad facilita a aprendizaxe de idiomas
Entre os proxectos finalistas da categoría Mellor idea de negocio 2.0 – mellor start-up galega da I Edición dos Premios INNOVA-G 2010 figuraba Binaurality, un método para a aprendizaxe de idiomas baseado na escoita binaural, accesible en formatos portátiles para o seu aproveitamento en reprodutores de MP3, teléfonos móbiles… e agora tamén no iPad, pois nos (...)
Ler máisUnha mesa redonda sobre redes sociais serve de anticipo da 2ª edición de B-web
Esta mañá, a xeito de adianto do salón profesional B-web que terá lugar en EXPOCoruña os días 2 e 3 de xuño, celebrouse unha mesa redonda entre algúns dos relatores do evento e un amplo grupo de xornalistas, tratándose temas como Twitter, os social media e distintos temas de interese sobre a relación dos medios de comunicación e os cidadáns coa Internet. Ánxel (...)
Ler máis0 | ... | 30760 | 30770 | 30780 | 30790 | 30800 | 30810 | 30820 | 30830 | 30840 | ... | 42560