Modernización achegará 800.000 euros para o fomento do software libre
mércores, 21 de abril do 2010
Esta mañá a secretaria xeral de Modernización e
Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, xunto co subdirector xeral de
Infraestruturas e Telecomunicacións, Adrián Lence, e o subdirector xeral de
Desenvolvemento da Sociedade da Información, deron conta aos representantes das
Asociacións Galegas de usuarios de Software Libre (AGUSL), de empresas (AGASOL)
e das universidades galegas da posta
en marcha do Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes
abertas (FLOSS), que contribuirá a transmitir unha imaxe do FLOSS asociada
ao bo funcionamento do mesmo e á calidade, adoptará medidas para poñer a
disposición da sociedade e do tecido empresarial software libre propiedade da
Administración e axudará a coordinar a todos os axentes que compoñen o
ecosistema galego do FLOSS.
O departamento de Innovación Tecnolóxica desenvolve
este plan, dotado con 800.000 euros no 2010, tras constatar a necesitade de xuntar
esforzos aproveitando mellor os fondos públicos destinados á promoción do
software libre e de fontes abertas para acadar un maior uso destas aplicacións
na Administración, na cidadanÃa e nas empresas galegas. Con este obxectivo o
plan contempla 21 accións que desenvolverá a propia Administración autonómica e
outras 60 en colaboración coas asociacións de usuarios e empresas de software
libre e as tres universidades.
O Plan de Acción 2010 en materia de software libre
e de fontes abertas estrutúrase en torno a tres liñas de actuación: impulsar
unha oferta de solucións baseadas en FLOSS de calidade, facendo fincapé en dar
resposta a sectores estratéxicos; promover a implantación efectiva dos
estándares abertos, que permitan a coexistencia con aplicacións de software
propietario e fortalecer os mecanismos de formación e difusión dos modelos de
software libre e fontes abertas e as súas vantaxes competitivas.
Entre as finalidades do Plan está achegar o FLOSS á
PEME cun dobre obxectivo, por unha banda, posibilitar o desenvolvemento da
industria galega TIC do software cunha oferta de servizos baseado en software
libre e de fontes abertas e, por outra, darlle a coñecer a industria non TIC as
posibilidades deste tipo de software.
No ámbito administrativo o plan contempla promover
a interoperabilidade e a reutilización da información do sector público,
poñendo á disposición doutros organismos da Administración os desenvolvementos
realizados baixo contratos da Xunta de Galicia e financiados con fondos
públicos.
Outra das iniciativas do Plan é dispoñer dun repositorio no que se poida
acceder ao software libre e de fontes abertas desenvolvido en Galicia e a toda
a información de asistencia técnica ao mesmo para permitir o seu uso dunha
maneira sinxela. Isto implica unha adaptación e reestruturación do repositorio
do FLOSS que ten actualmente a Xunta de Galicia. Tamén se establecerá un selo
de calidade para as empresas galegas que desenvolvan solucións en FLOSS, o que
aportará un maior grao de seguridade ás empresas non TIC que estean pensando na
utilización de FLOSS e teñan dúbidas
respecto do mantemento e sustentabilidade desta aplicación.
No ámbito da educación primaria e secundaria promoverase o FLOSS realizarase
mediante unha serie de iniciativas lideradas pola ConsellerÃa de Educación para
dalo a coñecer entre a comunidade educativa. AsÃ, fomentarase a tradución ao
galego de solucións baseadas en software libre e de fontes abertas, formase ao
persoal docente no uso de solucións de software libre; despregarase un servidor
de centro con solución TIC baseada en FLOSS nun mÃnimo de 50 centros e
licitaranse os 14.000 ultraportátiles do Programa Abalar con sistema operativo
GNU/Linux e paquete ofimático de software libre e de fontes abertas. Tamén se
despregará un proxecto piloto de aulas baseadas en solucións FLOSS e da
iniciativa Webs dinámicas nun mÃnimo
de 500 centos que lles permitirá dispoñer dun portal web, dunha plataforma de
teleformación e galerÃa de imaxes con aplicación FLOSS.
Coordinar as accións de promoción e difusión do
FLOSS entre os axentes implicados é outra dos aspectos clave do plan para
realizar unha mellor xestión das mesmas, evitando duplicidades. Deste xeito,
renovarase a colaboración coas oficinas de software libre creadas nas universidades
galegas. A SecretarÃa Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica investirá
120.000 euros, 40.000 por universidade para realizar diferentes actividades de
difusión, formación, actos e eventos en materia de software libre.
