Mini Ninjas e Lost Planet 2 estrean demos

mércores, 19 de agosto do 2009 Marcus Fernández

JPEG - 142 KB
Lost Planet 2 conta cuns gráficos impresionantes

O Bazar de Xbox LIVE recibiu hoxe un par de versións de demostración de xogos dos que aínda non está pechada a súa data de lanzamento, pero dos que xa poñen os dentes largos aos usuarios, pois en vista destes adiantos podemos aseguran que son uns títulos excelentes.
Por unha banda, Lost Planet (shooter que vendeu máis de 2 millóns de copias) convértese nunha franquía coa súa secuela, Lost Planet 2, que presenta uns gráficos incribles, e na súa demo descargable de balde permite ata a 4 xogadores formar un equipo no modo campaña para superar situacións imposibles en solitario.
E, nun rexistro bastante máis modesto, temos a demostración de Mini Ninjas, unha aventura tridimensional cunha aparencia bastante infantil na que hai que superar distintos retos á vez que derrotamos a un exército máxico de samurais malvados (que unha vez derrotados recuperan a súa forma real: inocentes animais que quedarán libres do seu feitizo). O usuario pode intercambiar entre varios personaxes con distintas habilidades (cun total de 5 mini ninjas, dos que podemos ver a 3 na demo). Podemos catar así este xogo que pese á súa estética sinxela pode ofertar horas de diversión na liña de títulos como a adaptación da película de Kung Fu Panda.

PUBLICIDADE