Miguel Santos, CTO de MasOrange, recibe o premio Enxeñeiro do Ano 2026 do COETG
luns, 1 de xuño do 2026
Miguel Santos Fernández, director de TecnoloxÃa (CTO) de MasOrange, foi distinguido co premio Enxeñeiro do Ano 2026, a máxima distinción que concede o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) dentro dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. O recoñecemento foi entregado durante a XXX Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, celebrada no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, na Coruña.
O xurado destacou a traxectoria profesional do enxeñeiro betanceiro e a súa contribución á transformación, integración e expansión das infraestruturas e dos servizos de conectividade en España. Tamén puxo en valor o seu impulso á innovación tecnolóxica, especialmente no ámbito das redes de nova xeración e dos sistemas nativos na nube, cualificándoo como un referente para o sector das telecomunicacións.
Desde abril de 2024, Santos exerce como máximo responsable de TecnoloxÃa de MasOrange, grupo ao que pertence R. No seu cargo lidera as áreas de rede, sistemas, datos, operacións e ciberseguridade, forma parte do comité executivo da compañÃa e coordina un equipo de arredor de 1.300 profesionais.
Durante a súa intervención tras recibir o galardón, agradeceu o apoio dos equipos cos que traballou ao longo da súa carreira profesional. «Considérome afortunado porque, sen dúbida, contei e conto con verdadeiros equipazos que están detrás—e diante— deste premio. Sen a súa profesionalidade terÃa sido imposible percorrer o camiño», afirmou.
O directivo tamén reivindicou a súa vinculación con Galicia e destacou o papel que desempeña MasOrange na extensión das telecomunicacións avanzadas. Segundo explicou, a rede 5G do operador supera xa o 93 % de cobertura da poboación española e chega a máis de 5.200 municipios, contribuÃndo a reducir a fenda dixital en numerosos territorios.
Santos sinalou ademais que a innovación continua e a orientación ao cliente constitúen dous dos piares fundamentais do éxito empresarial. «Porque no centro de todo seguen estando as persoas e as telecomunicacións deben pórse ao seu servizo», subliñou.
Licenciado en EnxeñarÃa de Telecomunicación pola Universidade de Vigo e con formación executiva complementaria, Miguel Santos desenvolveu boa parte da súa carreira en Vodafone antes de incorporarse ao Grupo MasMovil en 2016. En 2018 foi nomeado CTO da operadora e liderou a súa transformación tecnolóxica ata a creación de MasOrange, froito da fusión entre Orange España e o Grupo MasMovil.
O recoñecemento do COETG engádese a outro importante premio recibido en 2023, cando a revista especializada Mobile Europe o elixiu CTO do Ano polo seu labor innovador e pola integración de múltiples marcas, redes e sistemas dentro do grupo de telecomunicacións.
Momento no que entregan o galardón a Miguel Santos na Noite Galega das Telecomunicacións
