Microsoft expón os seus lanzamentos de Xbox para os vindeiros 12 meses
luns, 13 de xuño do 2022
AÃnda que este ano a feira de videoxogos E3 non se celebra oficialmente
por mor da pandemia (prometendo volver en formato hÃbrido para o ano que vén),
as grandes compañÃas reservaron novidades para estas datas, e no caso de
Microsoft celebraron
un evento para amosar os xogos nos que están a traballar dende Xbox e Bethesda,
adiantando parte do calendario de lanzamentos para 2022 e 2023.
A presentación de Xbox e Bethesda deixou claro que teñen previsto un impresionante
volume de lanzamentos que procurarán ter unha cadencia mensual, para que haxa
novidades e actualizacións de contido constantemente, o que supón unha grande posta
en valor do servizo de subscrición Xbox Game Pass, para o que deron conta de
máis de 30 tÃtulos que recibirá nos vindeiros 12 meses.
Por desgraza, o catálogo de novidades de Xbox para 2022 é bastante limitado, e
será 2023 cando chegarán os grandes xogos, como o esperadÃsimo Redfall
ou o xogo de mundo aberto máis esperado dos últimos tempos, Starfield,
aos que hai que sumar tÃtulos como Minicraft Legends ou Forza
Motorsport, que axudan a conformar un catálogo de grande peso ao que
contribuirán tamén estudios externos que achegarán grandes xogos como Diablo
IV e unha nova produción de Kojima Productions. Tamén podemos salientar que
Riot Games achegará tÃtulos como League of Legends e Valorant a
Game Pass.
- Cadro de novidades de Xbox para os vindeiros 12 meses
VÃdeo no que recollen as futuras novidades de Xbox