MeLiSA amplía a duración do seu obradoiro de Joomla!

martes, 11 de agosto do 2009 Marcus Fernández

A Asociación de Usuarios de Software Libre de Melide, MeLiSA, celebrou o pasado sábado a segunda xornada dun obradoiro de Joomla! na cervexaría A Fundación, aprendendo os asistentes non só a modificar o deseño das súas web, senón tamén a convertela nun espazo dedicado ao comercio electrónico facendo uso da compoñente VirtueMart.
Debido ao interese amosado polos participantes no obradoiro, a directiva de MeLiSA decidiu engadir unha xornada máis programada para o vindeiro sábado 22 de agosto, no que repasarán temas vistos e resolverán as dúbidas xurdidas.