Maldita Castilla EX chegará a 3DS nunha semana
xoves, 6 de xullo do 2017
Nos
últimos meses o xogo Maldita Castilla
de Locomalito está a converterse en
todo un referente dentro da corrente de creación de videoxogos con inspiración retro, pois este tÃtulo claramente
inspirado en Ghost’n’Goblins pasou
polas mans de Abylight Studios para facilitar o seu goce en Xbox One,
PlayStation 4 e Steam, e agora confirman que a aventura en consolas terá un
novo capÃtulo, xa que o vindeiro
dÃa 13 sairá á venda Maldita Castilla EX
para Nintendo 3DS a un prezo de 11,99 euros.
Esta revisión do xogo publicado de balde por Locomalito non só inclúe os contidos adicionais do resto de
versións para consola, senón que tamén inclúe en exclusiva un modo de
recreativa que permite ver o xogo aproveitando a pantalla autoestereoscópica da
portátil de Nintendo.
Maldita Castilla EX inclúe 8 fases
nas que se reparten máis de 48 tipos de inimigos e 19 xefes finais, podendo completar
a aventura con 4 finais posibles.
Tráiler da versión para Nintendo 3DS de Maldita Castilla EX