Makers Lugo organiza este sábado un obradoiro de montaxe de impresión 3D
xoves, 1 de agosto do 2019
Este
sábado 3 de agosto temos en Lugo unha nova cita coas vertentes máis
construtivas e participativas das novas tecnoloxÃas. Estamos
a falar do obradoiro de montaxe de impresoras 3D con Ender 3 que
organiza a asociación Makers Lugo, en horario de 10.30 a 13.30
horas. Está previsto complementar o taller de montaxe cunha serie de
actividades abertas a todos os públicos que terán o obxectivo común
de formar aos participantes en deseño e impresión 3D.
Ao
longo da xornada o programa da asociación pasa polo seguinte: montar
tres impresoras da marca Creality, máis polo miúdo do modelo Ender
3. Os aparellos resultantes do traballo colectivo ficarán no local
de Makers Lugo para usos posteriores, complementando o labor de
divulgación e experimentación achegado pola impresora 3D coa que xa
conta o colectivo. A intención é tirar partido de todos estes
enxeños para elaborar o planning formativo do ano nas
devanditas materias.
Makers.lugo
é unha asociación sen ánimo de lucro, creada en xaneiro de 2014,
co ánimo de contribuÃr á construción dunha sociedade baseada nos
principios do libre acceso á tecnoloxÃa, impulsando actividades
relativas a hardware e software libre. Dende a asociación organizan
quedadas, obradoiros e charlas para introducir á xente no movemento
Maker e nas súas amplas posibilidades de desenvolvemento,
participación e democratización da tecnoloxÃa e a innovación.
