Linus Torvalds, candidato de novo ós Príncipe de Asturias

luns, 2 de xuño do 2008 Fernando Sarasketa

Na listaxe de candidatos para o premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2008 atopamos unha persoa que ten traballado na historia recente por tirar abaixo certos atrancos que se lle teñen posto no medio á difusión da informática. Falamos de Linus Benedict Torvalds, responsable da primeira versión do núcleo do sistema operativo que leva (en parte) o seu nome: Linux.
Pois ben, segundo informa estes días Agnix, o deseñador do kernel do dito programa foi proposto como candidato aos devanditos premios e, polo tanto, sairá na carreira polos galardóns acompañado dunha nada desprezable cifra de nomeados na mesma categoría: polo menos, até 42 persoas e organizacións.
Por certo que Linus Torvalds, que é algo máis có responsable do dito sistema operativo (premialo sería apoiar en certa maneira o estado máis aberto, gratuíto e libre da achega informática no mundo), xa foi nomeado o ano pasado, a edición 2007, que casualmente significo o trunfo do que ben podería considerarse o seu antagonista: Bill Gates, fundador de Microsoft.

PUBLICIDADE