Life is Strange destaca entre os xogos de PS Plus do mes de xuño
mércores, 31 de maio do 2017
Durante
o mes de xuño dá a impresión de que Sony quere redimirse de meses de
mediocridade na súa selección de xogos ofrecidos a través de PlayStation Plus, e
sorprende elevando considerablemente a calidade dos que estarán
dispoñibles a partires do 7 de xuño, especialmente para PlayStation 4, que
recibirá o violento Killing Floor 2 e
o máis que destacable Life is Strange.
Killing
Floor 2 é un xogo de acción en primeira persoa no que os xogadores
loitan contra un brote provocado por un experimento falido que traduciuse nunha
infestación das rúas de zombis que atacarán en hordas e ante os que desatarase
unha grande violencia, que é o que busca este tÃtulo: acción pura e brutal.
A acción de Killing Floor 2 contrasta
con Life
is Strange, un xogo independente que está considerado toda unha obra
mestra na que vÃvese unha aventura episódica na que coñecemos a Max Caulfield,
unha estudante de fotografÃa que descubre ser quen de retroceder no tempo ao
salvar á súa mellor amiga, Chloe Price. Xuntas comezan a investigar a
desaparición doutras estudante, descubrindo outros misterios, asà como as
consecuencias que pode ter no futuro a alteración do pasado. Un xogo
imprescindible para os que gusten das novas fórmulas narrativas.
Os xogos de PS3 que chegarán en xuño serán WRC
5: World Rally Championship (un simulador de rallies) e Abyss
Odyssey (xogo de acción e aventura de desprazamento lateral dun estudo
independente chileno); mentres que para PS Vita teremos Neon
Chrome e Spy
Chameleon.
VÃdeo promocional dos xogos de PS Plus do mes de xuño