Jorge Peteiro impartiu un obradoiro de pintura en Nintendo DS

martes, 17 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Durante a xornada de hoxe a sede da Fundación Caixa Galicia sita no Cantón Grande de A Coruña acolleu un curso de pintura impartido polo artista coruñés Jorge Peteiro, quen explicou o funcionamento do programa Art Academy para a consola de videoxogos Nintendo DS, repasando conceptos básicos coma o volume, as cores e os diferentes trazos para poder afrontar a creación dun cadro, coa grande vantaxe de que coa consola de videoxogos non hai problemas económicos de cara á adquisición de materiais coma os lenzos ou a pintura, que son virtuais.
O programa Art Academy xa inclúe un titorial con 10 clases mestras que cubre os temas tratados por Peteiro, de xeito que os aspirantes a artistas que non puideran asistir a esta xornada, poderán introducirse nesta oportunidade creativa pola súa conta.

PUBLICIDADE