Artigos desta sección
Novo webmail con 5 Gb de capacidade
Unha empresa neoiorquina lanzou un novo servizo de correo electrónico baseado en web, BlueTie, con tecnoloxía AJAX de xeito que sen precisar instalación dá prestacións semellantes a unha conta de correo configurada nunha aplicación de escritorio.A nova solución para o correo electrónico ten versións de balde e premium, pero a meirande parte dos usuarios xa están (...)
Ler máisMediafire: un servizo de balde para subir e compartir arquivos
Non está mal que en cuestión de servizos web para aloxar arquivos teñamos en canto de cando en vez as opinións de outros que xa os probaron ben a fondo, dado o elevadísimo número de sistemas desta índole que van saíndo até nos lugares máis insospeitados. O Media Fire, polo que se di del en Utilitario.net, é porto seguro no medio dunha serie de treitos de costa (...)
Ler máisO Blogomillo xa conta con máis de 2.000 blogs
Os blogs en galego conforman unha comunidade coñecida coma Blogomillo, que pese a estar moi discutida, está en constante crecemento, de xeito que segundo o contador automático de Blogaliza.org chegouse ós 2.038 blogs catalogados. A listaxe publica con estas bitácoras en galego ten moitos defectos (blogs repetidos, blogs desaparecidos, etc.) pero estiman que (...)
Ler máisMedran os adictos ó eMule
En España son xa un millón os fogares enganchados literalmente ó eMule. E é que o intercambio gratuíto de arquivos pode chegar a ser aditivo. Para moitos é unha obsesión erguerse da cama e comprobar, antes de nada, o que se descargou no seu computador durante a noite, mentres durmían placidamente e soñaban que entraban nunha tenda xigante na que tiñan ó alcance (...)
Ler máis¿Teñen os norteamericanos interese polos blogs persoais?
Un estudo sostén que, ó contrario que en Europa, os blogs persoais non son moi populares nos EE.UU., onde os blogs tecnolóxicos, culturais e políticos teñen máis peso. Así, o blog máis popular sería o de Engadget, seguido por Boing Boing e Gizmodo, ou sexa, que 2 dos 3 mencionados estarían dedicados ós gadgets, e se tomamos ós 100 blogs máis populares como (...)
Ler máisImportante presenza galega nos premios internacionais Best Of Blogs (BOBs)
O premios internacionais de blogs organizados pola Deutsche Welle, os BOBs, entran na súa última fase, de xeito que xa hai 150 candidatos tras superar as 5.500 propostas, e agora os usuarios poden votar ata o 11 de novembro para elixir ó seu blog favorito (na categoría do público).Cabe subliñar que entre o xurado están Ignacio Escolar e José Luis Orihuela (moi (...)
Ler máisNvivo: xorde unha rede social como un gran taboleiro onde se quere informar de tódolos concertos
Os internautas afeccionados á música, igual que polo emprego da Rede, estamos unidos por unha arela: poder chegar a terra sans e salvos logo das navegacións feitas cada fin de semana na procura dos concertos máis apetecibles.Digámolo ben claro: son tantas as mensaxes que temos que atender nas contas de correo e as páxinas web que informan de concertos como (...)
Ler máis¿Crise na comunidade blogueira galega?
A revista Tempos Novos recolleu o pasado sábado unha entrevista realizada por Iago Martínez ó escritor e xornalista dixital Xabier Cid na que se quere facer notar un cambio no sentir da blogosfera galega.Cid comenta que “o blogmillo, como comunidade, desapareceu. A ninguén lle importa xa o que se fai no blog do lado” engadindo que antes “era unha criatura, (...)
Ler máisGoogle Earth permite facer un seguimento das carreiras ó Congreso nos EE.UU.
O aproveitamento de ferramentas da Internet para a creación de novas solucións vén de chegar ás carreiras para o Congreso dos EE.UU., xa que veñen que fusionar o servizo de Google Earth 2006 coa información dos candidatos, de xeito que chega con pinchar sobre unha estrela sita en cada distrito para ver os datos dos candidatos, así como ligazóns a novas, (...)
Ler máisO Goberno asegura que antes do outono de 2007 fará sitio ó ñ nos dominios .es
Antes do outono de 2007, Cariño, A Coruña ou Caamaño poderían ter enderezos en Internet en dominios .es e sen necesidade de recorrer á n como medida provisional ou permanente. Isto (entre outras cousas) é o que se desprende das declaracións feitas onte domingo en Valencia pola vicepresidenta do Goberno, María Teresa de la Vela, quen estivo na cidade levantina (...)
Ler máis0 | ... | 590 | 600 | 610 | 620 | 630 | 640 | 650 | 660 | 670 | 680
