Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

ADN.es nace coma un medio aberto e participativo

O xornalista e blogueiro Juan Varela anunciou o pasado luns que o redeseño da web do xornal gratuíto ADN estaba xa en fase de probas, e o actual dominio, diarioadn.com sería substituído por ADN.es, o que viría acompañado de distintos cambios que buscarían a interacción cos lectores. A principal revolución da nova publicación en liña está en que se pode acceder (...)

Ler máis

Jubii, un servizo web que dá ós seus usuarios 10 Gb de almacenamento

Lycos presentou en Madrid a ferramenta Jubii, que “pretende facilitar ó máximo as tarefas cotiás máis solicitadas na web 2.0” para o que proporciona un contorno web de balde cunha capacidade de almacenamento de ata 10 Gb onde o usuario poderá manexar tódalas tarefas e organice os elementos xestionados coma se estivesen no seu escritorio. Jubii xunta nun único (...)

Ler máis

Blog2Print converte os blogs en libros

Un novo servizo, Blog2Print, permite gardar as entradas dos blogs no servizo de Google en formato PDF coma se fose un libro, incorporando tanto o texto como as imaxes, nunha sinxela operación na que só hai que introducir o enderezo do blog, o rango de datas que se queren gardar, a orde cronolóxica (ascendente ou descendente), a imaxe que queremos na (...)

Ler máis

Time publica unha listaxe coa 5 peores páxinas web

A revista Time non só saca listaxes positivas cos persoeiros do ano ou as mellores páxinas web, senón que tamén publicou unha selección coas 5 peores webs do ano, que curiosamente son bastante coñecidas e utilizadas nos EE.UU., polo que podería indicar que o éxito e a calidade non van sempre da man. Loxicamente a listaxe de Time non destaca a webs tan nefastas (...)

Ler máis

Google permite usar mapplets nos seus mapas personalizados

Google quere incrementar a forza do seu servizo de mapas para que se convertan nunha plataforma na que se poida compartir e buscar información, polo que hai pouco máis dun mes engadiron os mapplets (que permite integrar mini-aplicacións en Google Maps), que se suman á posibilidade de facer mapas personalizados (Mis Mapas), e así agora as dúas novas (...)

Ler máis

Ábrese a posibilidade de que Santiago e Lugo se fagan con dominios .mobi de seu

O sufixo .mobi sirve para identificar páxinas web que se poden ver dende o móbil, xa que este dominio de primeiro nivel ten unhas normas que forza que as webs baixo o mesmo cumpran cunha serie de requisitos que as fagan doadas de interpretar por dispositivos móbiles, e para evitar conflitos, a empresa responsable do puntoMobi reservou 650 nomes de dominio (...)

Ler máis

O proxecto SocialStream pretende crear unha plataforma para conectar redes sociais

Grandes empresas na Rede coma Yahoo e Google levan anos apostando polas redes sociais en servizos coma Flickr, YouTube ou Orkut, e precisamente baseándose neste último servizo Google estaría a colaborar cun grupo de investigación da Universidade Carnegie Mellon nun proxecto coñecido coma SocialStream, que buscará a interoperabilidade entre os seus distintos (...)

Ler máis

Estrean un novo blog sobre o famoseo

Weblogs S.L. estreou un novo blog, Poprosa, dedicado ó mundo dos famosos, guapos, ricos e célebres, ou sexa, dos típicos personaxes da prensa rosa, ós que se achegarán dun xeito desenfadado procurando escapar dos contidos casposos. Así, os que queiran ver as primeiras fotos de Paz Vega en tanga tras dar a luz, coñecer á nova moza de Ronaldo ou coñecer (...)

Ler máis

Os roubapáxinas son o formato publicitario de máis eficacia na Internet

Un informe elaborado por Trafficking Solutions Hispania (descargable en formato PDF) analiza a eficacia e os usos da publicidade en liña en España, amosando tanto o incremento da publicidade dixital como o éxito que están a ter os roubapáxinas coma formato coa mellor relación click/impresións. Así, o roubapáxinas (que teñen unhas dimensións de 300 x 250 (...)

Ler máis

Microsoft segue a mellorar a súa plataforma Windows Live

Microsoft presentou dous novos servizos en proba dentro da súa plataforma Windows Live que pretenden reforzar a estratexia na Rede da compañía de Redmond para ter unha mellor posición con respecto ós seus competidores máis directos neste ámbito (Google e Yahoo). Así, Microsoft tamén incluirá novos servizos de software con valor engadido baseados na Internet, e (...)

Ler máis

0 | ... | 510 | 520 | 530 | 540 | 550 | 560 | 570 | 580 | 590 | ... | 680

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade