Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Os dominios .co ábrense ao mundo

A dificultade de atopar nomes de dominio na Internet con nomes atractivos, especialmente baixo o sufixo .com, leva en moitos casos a buscar alternativas imaxinativas, entre as que estarían dos dominios de segundo nivel correspondentes a Colombia, que dende hoxe comercializa a nivel global a compañía .CO Internet a través de axentes rexistradores coma (...)

Ler máis

Confusión ante a oferta de rexistro de dominios .gl por parte dunha empresa galega

A empresa galega de hospedaxe de páxinas web e rexistro de dominios de Internet, Dinahosting, sorprendeu nesta xornada anunciando aos seus clientes que ofrece a posibilidade de rexistrar dominios baixo o sufixo estatal de Grenlandia (.gl) aludindo ao feito de que «soa a dominio GaLego», o que está a crear certa confusión, pois por unha banda abre novas (...)

Ler máis

Un estudo sostén que ós o 17% dos 75 millóns de usuarios de Twitter están activos

RJMetrics fixo unha exhaustiva análise de Twitter, concluíndo que, pese a que o servizo de microblogging sume 75 millóns de usuarios rexistrados, a meirande parte dos mesmos permanece pasivo, de xeito que incluso o 40% das contas nunca enviaron unha soa mensaxe a través do servizo, o 25% non teñen seguidores e o 80% dos usuarios terían realizado menos de 10 (...)

Ler máis

Twitter ampliará a súa oferta de idiomas

Cando accedemos a Twitter atopamos que nas súas opcións de idioma só podemos elixir entre inglés ou xaponés, o que resulta un tanto rechamante, e que poderá cambiar en breve segundo anuncian no blog corporativo da compañía de microblogging, xa que abriron unha ferramenta de tradución do seu sistema (que funciona coa colaboración de usuarios selectos) de xeito (...)

Ler máis

Twitter leva varias horas funcionando con problemas

A plataforma de microblogging Twitter volve a dar problemas, o que parecía ser cousa do pasado, pero cada vez é máis habitual. Desta volta, o servizo está a funcionar dende o punto de vista de que a web responde ao usuario, pero fracasa á hora de amosar as mensaxes dos usuarios aos seus seguidores (aínda que si poden consultarse individualmente en cada (...)

Ler máis

ICANN independízase do Goberno dos EE.UU.

ICANN e o Departamento de Comercio dos EE.UU. anunciaron que chegaron a un novo acordo que deixa ao organismo que xestiona os mecanismos nucleares da Internet «independente e non controlado por ningunha outra entidade», manténdose como unha entidade privada sen ánimo de lucro.

Ler máis

Google Wave entrará na súa fase pública de probas este mércores

Google presentou a finais do pasado mes de maio unha tecnoloxía chamada a revolucionar o xeito de comunicarnos a través da Internet chamada Google Wave, e que segundo comentan os seus responsables, deseñouse pensando en cómo desenvolveriamos hoxe o correo electrónico se non existise. Máis adiante aseguraron que o proxecto estaba moi avanzado de xeito que en (...)

Ler máis

Marchex Inc. pon parte dos seus dominios á venda

Marchex Inc. empresa que gastou 164 millóns de dólares na compra de máis de 100.000 dominios ao lendario domainer Yun Ye no ano 2004 acaba de pór á venda parte do seu cartafol. Na listaxe dos dominios á venda figuran: 3g.com por 1 millón de dólares angry.com por 500 mil dólares invitation.com por 1 millón de dólares Beijing.com mediante ofertas (...)

Ler máis

Facebook Lite inicia o seu lanzamento

Leva tempo falándose dunha versión lixeira de Facebook, e finalmente parece que convértese nunha realidade e o dominio que acolle Facebook Lite xa está operativo nos EE.UU., mentres que dende España esa mesma páxina lévanos á versión ordinaria da plataforma de redes sociais máis usada no mundo. Facebook Lite non é máis que unha versión reducida de Facebook, de (...)

Ler máis

Hoxe hai 40 anos da instalación do primeiro nodo de ARPANET

Escribir a historia da Internet é algo moi complexo, pois non podemos definir o comezo dunha rede que foi evolucionando ao longo do tempo, dependendo de distintos organismos e respondendo a distintos nomes, pero hoxe celébrase o 40º aniversario dun dos seus primeiros pasos: a instalación do primeiro nodo de ARPANET nun laboratorio da Universidade de (...)

Ler máis

0 | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | ... | 680

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade