Artigos desta sección
Renault estrea o seu primeiro concesionario en liña... e en 3D
Os responsables de Renault, sabedores de que preto do 80 por cento dos posibles compradores “obteñen a súa primeira información sobre o vehículo que están a procurar en Internet antes de acudir ó concesionario para adquirilo”, veñen de presentar, na súa web francesa de Univers Renault, un formato de salón expositor en liña que permite ver os modelos totalmente en (...)
Ler máisMarca.com premia aos seareiros que rapen a cabeza se España gaña a Eurocopa
Xa son máis de 10.500 os seareiros que se comprometeron, ata o de agora, co xornal dixital Marca.com, a rapar a cabeza ó cero no caso de que a selección nacional gañe a Eurocopa de fútbol 2008. O contrato da iniciativa proposta polo diario no seu sitio web reza o seguinte: “Eu, afeccionado impenitente de toda a vida, pola presente comprométome solemnemente (...)
Ler máisColoring.com simula na web os cadernos para colear dos cativos
Os cativos afeitos aos cadernos para colorear poden optar por non luxar as mans e non gastar papel grazas a Coloring.com, páxina web que presenta ducias de debuxos para colorear mediante unha ferramenta de coloreado elixindo cores e texturas a aplicar no debuxo orixinal en branco e negro. Os debuxos rematados poden enviarse por correo electrónico, (...)
Ler máisMúsica por Internet con Rockola.fm
Se es dos que che gusta escoitar música até debaixo da auga e estás un pouco canso de pór as coleccións que tes na casa unha e outra vez, na redacción de Código Cero vimos de dar cunha solución á túa medida na Rede: Rockola.fm, unha páxina web que che permitirá poñer cancións axeitadas ó teu estado de ánimo ou de décadas pasadas sen ter que remexer e botar man de (...)
Ler máisO Observatorio da Lingua Galega abordará o uso do galego en Internet
A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, vén de facer públicos os datos obtidos polo Observatorio da Lingua Galega no seu primeiro ano de funcionamento, nun acto no que tamén aproveitou para avanzar as vindeiras liñas de actuación desta ferramenta de análise e diagnose. As observacións que se levaron a cabo para realizar este estudo sobre a (...)
Ler máisFexdega estrea web e canle corporativa en YouTube
A Fundación feiral Fexdega vén de presentar, esta mesma mañá, a súa nova web corporativa, Fexdega.es, un espazo desenvolvido integramente en tecnoloxía .net polo equipo de Dos Espacios Internet Consulting que destaca polo seu “coidado deseño” e pola súa “boa organización e estrutura de contidos”. Esta ferramenta combina textos, gráficos e vídeos e presenta a (...)
Ler máisQueplaya.es nos permite localizar as praias españolas
Nicenova Consulting achegounos en setembro Qué Tiempo, servizo que nos presentaba información meteorolóxica sobre mapas de Google; en abril estrearon unha ferramenta semellante, Gasofa.es, que nos informa dos prezos do carburante, os centros para pasar a ITV e os radares fixos da DGT en España; e coa chegada do verán nos queren facer máis doado atopar areais (...)
Ler máisToda a información sobre o Festival Ortigueira 2008, na Web
O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco e mailo alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, veñen de presentar -esta mesma mañá en Compostela- a programación do 30 aniversario do Festival Ortigueira, que se achega polo miúdo na web oficial do “certame máis concorrido do verán galego”. O cartel deste ano inclúe un total de 25 concertos de balde da man (...)
Ler máisTraballo pon en marcha un centro virtual de apoio ás cooperativas galegas
A directora xeral de Relacións Laborais da Consellaría de Traballo, Pilar Cancela, vén de anunciar a posta en marcha dun centro virtual de apoio, información, formación e asesoramento en I+D+i para o tecido cooperativo da nosa Comunidade. Trátase dunha actuación promovida polo departamento que dirixe Ricardo Varela que ten como principal obxectivo afrontar (...)
Ler máisOs ilustradores galegos estrean nova páxina web
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) vén de inaugurar un novo sitio web cunha chea de contidos pensados e organizados “de xeito intelixente” para seren usados por profesionais do debuxo, medios de comunicación e todo aquel que teña interese no eido do deseño gráfico. Os internautas que se acheguen a esta nova páxina web poderán atopar, (...)
Ler máis0 | ... | 310 | 320 | 330 | 340 | 350 | 360 | 370 | 380 | 390 | ... | 680
