Igualdade da Deputación da Coruña conmemora o Día da Muller con diversas actividades en liña

luns, 8 de marzo do 2021 Sandra Rivadulla

A Área de Igualdade da Deputación da Coruña conmemora o Día Internacional da Muller con diversas actividades en liña para recordar as dificultades polas que pasa o colectivo nestes tempos de pandemia.
Desta forma, reflexionase sobre o papel das mulleres no mercado laboral e na casa a partir dun foro e tres conversas online que se levarán a cabo a través da canle de Youtube da Deputación. Tamén falarase sobre as interseccións da COVID-19 e as violencias machistas nos corpos e na saúde das mulleres.
As charlas estarán dirixidas a profesionais do ámbito da igualdade nun sentido amplo, así como de educación. O obxectivo principal é fomentar o traballo en rede no ámbito local e provincial, elaborando unhas liñas estratéxicas para o futuro e unhas políticas post-COVID que deberán integrar a perspectiva de xénero.
Aquelas persoas interesadas en participar, deberán inscribirse nun formulario específico habilitado pola Deputación. A colaboración está aberta e é de balde. Así, todo o proceso dará lugar á creación dunha publicación dixital, na que aparecen detalladas todas as conclusións. Do mesmo xeito, elaborarse un material didáctico que incorporará entrevistas e vídeos relacionados cas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) e cos feminismos.

PUBLICIDADE