Halo 3: ODST estrea versión para PC
martes, 22 de setembro do 2020
A
recompilación Halo: The Master Chief Collection prosegue a súa
conversión de Xbox a PC, e tras Halo, Halo: Reach, Halo 2:
Anniversary e Halo 3 trae
agora a ordenadores persoais Halo 3: ODST, ou sexa, a precuela de Halo
3 na que podemos ver a acción dende os puntos de vista dos Orbital Drop
Shock Troopers (ODST), quedando pendente de incorporarse á colección a versión para
PC de Halo 4.
Halo 3: ODST chega a PC con framerate variable, soporte para
teclado e rato, controis configurables, soporte para monitores ultrapanorámicos
e outras relacións de aspecto, campo de visión axustable, melloras en texturas
e sombras e a posibilidade de gozar do xogo até en 4K a máis de 60 imaxes por
segundo, de xeito que os usuarios con ordenadores especialmente potentes
poderán gozar do xogo cunha calidade visual nunca antes vista.
Lembremos que esta recompilación de xogos de Halo para PC pode adquirirse
a través de Steam ou da tenda de aplicacións de Microsoft, aÃnda que un dos
xeitos máis populares para facerse con estes xogos é con Xbox Game Pass para
PC.