Google Reader engade vista a pantalla completa

martes, 31 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios que accedan a Google Reader dende ordenadores ultraportátiles ou outros dispositivos con pantallas de tamaño reducido agradecerán a súa nova posibilidade, consistente nun modo de pantalla completa que podemos activar con premer a tecla f, de xeito que vemos directamente os contidos dos fluxos RSS que seguimos a través deste servizo, podendo amosar ou agochar o seu correspondente panel de navegación coa combinación de teclas maiúsculas + u.
Aparte desta novidade, Google Reader tamén mellorou a súa sección de Patrones, que agora permite coñecer cales son as fontes nas que se fai clic con maior frecuencia e outra información estatística coma o número de elementos lidos dende que se comezou a utilizar este servizo (aínda que deixa de contar ao superar os 300.000 de anotacións lidas).