Geometry Wars: Retro Evolved xa funciona en Xbox One
venres, 26 de febreiro do 2016
Hai
pouco Microsoft anunciou que cesaban a activación mensual de xogos de Xbox 360
como retrocompatibles para Xbox One, de xeito que non haberÃa que agardar a
unha data en concreto para ver os vellos xogos que poderÃan correr nunha
consola moderna, senón que a retrocompatibilidade irÃase activando en función
da súa dispoñibilidade, e precisamente por iso moitos celebran agora que o
xogo Geometry Wars: Retro Evolved xa
funciona en Xbox One.
Geometry
Wars: Retro Evolved está actualmente dispoñible para Xbox 360 a un
prezo de 4,79 euros, e converteuse en todo un imprescindible para a anterior
consola doméstica de Microsoft tras o lanzamento da revolución de Xbox LIVE
Arcade.
AÃnda que este shooter espacial
estaba concibido como un mini-xogo do que podÃa gozarse no garaxe do xogo de
condución Project Gotham Racing 2,
dende Bizarre Creations souberon ver o seu potencial, e transformárono nun xogo
independente (de aà a sentenza Retro
Evolved) para que se puidese mercar a través de Xbox LIVE Arcade, para
rematar converténdose en toda unha serie de xogos (Evolved, Galaxies, Retro Evolved 3, Touch, Dimensions...)
chegando a plataformas como a Nintendo DS, a Wi, a PlayStation 3, o PC ou o
iPhone, aÃnda que a última entrega da saga, Geometry
Wars 3: Dimensions, foi desenvolvida por Lucid Games, xa que Bizarre
Creations botou o peche en 2011.