Galicia lidera un consorcio ibérico para impulsar a cuántica e a IA
venres, 29 de maio do 2026
A Xunta lidera un consorcio hispano-portugués que busca situar a penÃnsula ibérica como referente no desenvolvemento e aplicación de tecnoloxÃas cuánticas e intelixencia artificial. O proxecto europeo Quantum Iberia, que reúne 17 entidades de Galicia, Castela e León, Estremadura, AndalucÃa e Portugal, ten como obxectivo reforzar as capacidades de investigación e innovación, promovendo o aproveitamento compartido de recursos entre os territorios participantes.
Quantum Iberia, unha iniciativa de cooperación transfronteiriza dotada con preto de 8,9 millóns de euros e seleccionada como operación estratéxica dentro do programa POCTEP, presentouse hoxe na Axencia Galega de Innovación. O proxecto tamén pretende impulsar a transferencia de coñecemento cara ás empresas e administracións, ademais de fomentar a formación de talento especializado nestes ámbitos. A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, salientou o carácter estratéxico dunha iniciativa que se integra na aposta do Goberno galego polas tecnoloxÃas profundas e que se suma a outras colaboracións entre España e Portugal, como Iberian QCI, destinada a ampliar ata Portugal a rede terrestre de comunicacións cuánticas.
A representante da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP explicou tamén que Quantum Iberia encaixa cos obxectivos do Polo de TecnoloxÃas Cuánticas de Galicia e cos investimentos que se están a realizar neste eido. Entre eles citou os 82 millóns de euros da fábrica europea de IA 1HealthAI, os 56 millóns de euros das novas infraestruturas do CESGA, os 3 millóns de euros do Val europeo de innovación en cuántica e outros 12,7 millóns de euros correspondentes a futuras convocatorias da Xunta relacionadas con estas áreas. Na xornada participaron representantes institucionais da Comisión Europea, do Ministerio de Facenda e da ConsellerÃa de Presidencia da Xunta, ademais dos socios do proxecto, membros da comunidade cientÃfica e entidades do ecosistema tecnolóxico.
A iniciativa está liderada pola Axencia Galega de Innovación e conta coa participación do CESGA, as tres universidades galegas, FEUGA, o International Quantum Center FSAS Technologies (Fujitsu), a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), a Universidade do Minho, o Laboratorio Ibérico Internacional de NanotecnoloxÃa (INL), o Instituto de Engenharia de Sistemas e Computadores, Tecnologia e Ciência (INESC TEC), a Universidade de Évora, a Universidade de Aveiro, a Universidade de Estremadura, a Fundación Computación y TecnologÃas Avanzadas de Extremadura (COMPUTAEX), o Centro de Supercomputación de Castilla y León (SCAYLE) e a Axencia Dixital de AndalucÃa (ADA). O orzamento total ascende a 8,9 millóns de euros, dos que 4,9 millóns corresponden á Xunta, USC, UVigo, UDC, CESGA, FEUGA e Fujitsu, reflectindo o peso do ecosistema galego dentro do proxecto.
A participación galega en Quantum Iberia engádese a outras iniciativas vinculadas ás tecnoloxÃas deep tech, como a computación cuántica e a intelixencia artificial. Galicia está a consolidar unha posición destacada na construción da rede europea de comunicacións cuánticas EuroQCI, considerada clave para o futuro da ciberseguridade. Xa entrou en funcionamento a autoestrada galega de transmisións ultra seguras entre Santiago e Vigo, cun percorrido de 120 quilómetros, que se ampliará ata Valença con outros 30 quilómetros adicionais grazas ao proxecto europeo IberianQCI (Iberian Quantum Communication Infrastructure). Ademais, Galicia puxo en marcha a estación óptica terrestre Antonia FerrÃn, a maior de España para comunicacións cuánticas, destinada a facilitar conexións de máxima seguridade con misións europeas e internacionais no espazo.
Pleno da Rede galega de tecnoloxÃas cuánticas e Graduación do Mestrado
Coincidindo coa presentación do proxecto celébrase tamén o Pleno da Rede galega de tecnoloxÃas cuánticas, que incorporará Telefónica como nova integrante tras resultar adxudicataria do novo ordenador cuántico do CESGA. Durante a reunión abordáronse proxectos europeos recentemente concedidos con participación galega, entre eles Iberian QCI, o val europeo de innovación Equivalent, Quantum Iberia ou QCX (Centro de Excelencia en Cuántica), asà como a nova convocatoria galega de proxectos colaborativos de I+D+i en cuántica e intelixencia artificial prevista pola Xunta. Carmen Cotelo participa igualmente no acto de graduación do Mestrado interuniversitario en ciencia e tecnoloxÃas da información cuántica, celebrado na Aula Magna da Facultade de FÃsica da USC.
