GTA IV é o Xogo do Ano segundo Spike TV
luns, 15 de decembro do 2008
A pasada fin de
semana tivo lugar a entrega dos SPIKE
2008 Video Game Awards, nunha cerimonia
conducida polo actor Jack Black, na que aparte de darse a coñecer os
gañadores destes galardóns, tamén se aproveitou a ocasión para presentar
información sobre futuros xogos, coma God
of War III, Fight night Round 4, Uncharted 2, Gears of War 2, Mafia II,
Watchment: The End is Nigh ou o xogo
inspirado na pelÃcula Terminator
Salvation.
O xogo do ano non foi outro que Grand
Theft Auto IV, que arrasou en vendas para PS3 e Xbox 360, e vén de saÃr na
súa versión para PC, pero que curiosamente non conseguiu gañar coma mellor xogo
en ningunha plataforma, de xeito que cada
consola tivo o seu propio gañador: Gears of War 2 (Xbox 360), LittleBigPlanet
(PS3), Left 4 Dead (PC), Boom Blox (Wii) e Professor Layton and the Curious Village (portátil, en concreto,
Nintendo DS).
Por xéneros os galardoados tamén foron moi variados: Shaun White Snowboarding (xogo deportivo individual), NHL 09 (xogo deportivo de equipo), Soul Calibur IV (loita), Fallout 3 (RPG), Gears of War 2 (shooter), GTA
IV(aventura de acción), Burnout
Paradise (conducción), Rock Band 2
(musical) e LEGO Indiana Jones
(baseado nunha serie de televisión ou pelÃcula).
Tamén se deron outros premios de distinta consideración, dos que podemos
destacar a Media Molecule, responsables de LittleBigPlanet,
coma o Estudo do Ano ou a Left 4 Dead
coma o Mellor TÃtulo Multixogador.
Pese a todo, para boa parte da audiencia o máis importante do evento foi a presentación
de trailers de distintos xogos entre os que destacamos a God of War 3:
Dende Sony agardan que esta nova entrega protagonizada por Kratos repita os
éxitos anteriores, mellorando graficamente de xeito notable, chegando a un
realismo brutal (cuadriplicando
a resolución das texturas de God of War 2)
e unhas batallas nas que aparecen moitos máis inimigos simultáneos. En
definitiva, unha nova entrega das aventuras da Pantasma de Esparta, que
continuará impactando visualmente e emocionando aos seus fieis seguidores,
aÃnda que este novo trailer decepcionase a boa parte da crÃtica.