Futbolcoruña.com inicia a súa andaina en probas durante o verán

luns, 29 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Tras un ano de traballo, e adiantándose ao seu lanzamento oficial a finais de agosto, xa opera en probas a web Fulbolcoruña.com, de xeito que antes de que comecen as competicións oficiais en setembro os afeccionados ao fútbol en A Coruña poderán ir vendo un adianto do que achegará este novo espazo que conta co apoio dos Veteranos do R.C. Deportivo de A Coruña, a Escola Marcelo Macías, Photocopy e a Fundación Fedys, e que no seu comezo xa contará cun patrocinio importante coma é Umbro, que capitaneará a sección interactiva deste medio, que nace coa intención de ser a páxina de referencia do fútbol base na provincia en todas as súas modalidades (fútbol-7, fútbol-11, fútbol sala, fútbol indor, fútbol praia, fútbol feminino, fútbol para discapacitados e incluso as ligas de afeccionados, senior e veteranos).
Esta plataforma informativa desenvolveuse co apoio da empresa compostelá Inxenio Internet Consulting, S.L.

PUBLICIDADE