Artigos desta sección
Código Cero celebra este xoves o seu primeiro Foro Tecnolóxico
As celebracións dos dez anos da edición en papel de Código Cero aínda seguen a facer ruído, logo da publicación do noso número especial, o número 100, e de outras accións realizadas dende este medio para visibilizar o traballo das empresas, entidades, asociacións, colectivos e cidadáns de a pé, comprometida/os coa promoción das redes na nosa terra. Dentro do (...)
Ler máisEste venres Santa Cruz dará acubillo á nova edición da LaconNetwork
Os encontros gastronómicos de emprendedores e profesionais do sector TIC galego que teñen lugar os últimos venres de cada mes coñecidos polo nome de LaconNetwork, e que repártense por toda a nosa xeografía, recalarán o vindeiro venres ás 14:30 horas no Hotel Portocobo na rúa María Soliña de Santa Cruz (Oleiros), estando xa aberta a súa inscrición (para o que hai (...)
Ler máisDavid Bello compartirá a súa experiencia como emprendedor tecnolóxico na vindeira edición de Iniciador Galicia
O xoves 26 de abril Iniciador Galicia volverá á Escola de Negocios Nova Caixa Galicia sita na Ronda de Nelle, 31 de A Coruña para permitir a emprendedores e profesionais de base tecnolóxica poidan participar nun relatorio de David Bello Galicia, xerente de Webphone, quen contará a súa experiencia profesional na creación da súa empresa, na entrada dun (...)
Ler máisHoxe ábrese a inscrición a Xuventude Galicia Net
Nun momento no que as festas informáticas están en plena crise (adíase a Arroutada Party e a Campus Party abandona Valencia) o evento Xuventude Galicia Net non se rende, e celebrará a súa edición nº 13 entre os días 4 e 6 de maio no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, para o que contan coa participación dun milleiro de mozos (...)
Ler máisAs V Xornadas Multimedia do GPUL celebraranse o 4 e 5 de maio
GPUL, unha asociación de programadores e usuarios de Linux que opera dende Facultade de Informática da Coruña, vén de anunciar a apertura da peticións de contribucións para a 5ª edición das súas Xornadas Multimedia, que terán lugar en maio, de maneira que todas aquelas persoas interesadas en aportar propostas de charlas ou actividades, poderán facelo previo (...)
Ler máisComunícaME pretende informar das bondades das redes sociais corporativas en só 90 minutos
Tras o éxito das 3 edicións en Barcelona e Madrid da clase maxistral para directivos ComunícaME, o evento trasládase o vindeiro día 12 ao Auditorio da Fundación Barrié de la Maza en A Coruña grazas á Asociación de Empresarias de A Coruña (AECO). Con esta actividade de balde para directivos preténdese dar a coñecer aos profesionais o que precisan saber sobre redes (...)
Ler máisOurense acollerá este venres unha nova edición da LaconNetwork
Este venres o encontro de emprendedores, Internet e cloud computing coñecida como LaconNetwork celebrarase na cidade de Ourense, concretamente no local Mata-lo Bicho na Praza da Madalena, en pleno casco histórico, de xeito que o evento xunta aos albaneis da nube o último venres de cada mes fuxirá da formalidade doutras ocasións para converterse nunha xornada (...)
Ler máisO CDTIC acolle un seminario sobre Centros de Datos Intelixentes
A implantación de novas tecnoloxías para mellorar en competitividade e aforrar custos, é a base do seminario sobre Centros de Datos Intelixentes que este mércores 21 de marzo, se celebra no en Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela. Está organizado por CIE TECNOLOXÍAS, unha empresa con base en Arteixo e unha extensa traxectoria no mundo das (...)
Ler máisIneo amósalles aos seus asociados as claves da tecnoloxía cloud
O vindeiro luns, 26 de marzo, Ineo vai celebrar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia o Foro, A transformación do negocio cara o Cloud para PEME do sector TIC, no que a Asociación abordará este novo modelo de negocio e achegaralle aos seus asociados as claves para realizar a transición ao cloud do xeito máis rendible e efectivo posible. A xornada, (...)
Ler máisUn foro achegará estudantes e empresas na Universidade de Vigo
Tras unha anterior edición na que se superaron todas as marcas anteriores de participación, a vindeira semana terá lugar en Vigo a 12ª edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, que pretende achegar ao mundo laboral aos estudantes dos últimos cursos e estudantes acabados de titular das enxeñarías de Telecomunicacións, Industrial e Minas, aínda que a conxuntura (...)
Ler máis0 | ... | 750 | 760 | 770 | 780 | 790 | 800 | 810 | 820 | 830 | ... | 1370
