Artigos desta sección
Ábrese a inscrición para a vindeira edición de Coruña Bloggers
Os encontros mensuais de Coruña Bloggers retomaranse a semana que vén tras o parón do Nadal na súa nova sede, a Fundación Barrié, que o vindeiro día 25 a partires das 19:30 horas acubillará a un nutrido grupo de profesionais e entusiastas do mundo das bitácoras de Internet que xúntanse para compartir coñecementos e experiencias, contando tamén cunha finalidade (...)
Ler máisComeza a difusión en vídeo das charlas da última edición de LGx15
O pasado 24 de novembro a compostelá Sala Capitol serviu de escenario para a segunda edición de LGx15, un evento de relatorios dun máximo de 15 minutos de duración nunha liña semellante a TEDxGalicia no que a temática xira ao redor da lingua galega, xa que está organizado pola Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) e, para que o evento (...)
Ler máisCompostela acollerá unha xornada formativa sobre Xamarin
O vindeiro sábado a partires das 9:30 horas vai celebrarse no Centro Sociocultural Caramoniña, na Travesía do Escultor Asorey, 13, de Santiago de Compostela, o Xamarin Day - SCQ, unha xornada formativa dedicada a Xamarin, unha plataforma que facilita o desenvolvemento de aplicacións nativas para iOS, Android, Windows e OS X, que goza de grande sona entre (...)
Ler máisÁbrese a inscrición ao Dico Summit 2017
Hoxe ábrese a inscrición ao evento DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017, organizada para os días 24 e 25 de xaneiro pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia e que xuntará na Cidade da Cultura a profesionais e representantes de empresas de referencia como Technicolor (...)
Ler máisA Estrada celebrará unha orixinal LAN party sen Internet durante a fin de semana
Retomando o espírito dos encontros de entusiastas da informática de antano a Asociación Informática The Log organiza no Centro Xuvenil La Estación da Estrada durante a vindeira fin de semana a StationLan, unha LAN party na que os participantes levan os seus ordenadores para conectalos en rede, pero sen acceso á Internet, de xeito que poderán acceder só ao que (...)
Ler máisXa hai máis dun cento de inscritos para a vindeira edición de Coruña Bloggers
Os últimos mércores de cada mes celébrase Coruña Bloggers, un encontro de blogueiros no que comparten experiencias e coñecementos a través dun par de relatorios e unha sesión de networking, que como adiantamos a semana pasada vai mudar de sede, para pasar a celebrarse a partires desta semana na Fundación Barrié, en pleno Cantón Grande, mantendo o formato, pero (...)
Ler máisHPE mirará ao mañá dende Londres
A semana que vén a división para Empresas de HP levará a Londres o seu evento Discover 2016, que entre os días 29 de novembro e 1 de decembro desenvolverá unha completa axenda con máis de 500 actividades e oradores de primeira orde dos distintos eidos dentro do sector tecnolóxico que achegaranse aos principais fotos da transformación dixital a través de (...)
Ler máisCoruña Bloggers trasládase á Fundación Barrié
Tras catro edicións de grande afluencia no Bergin Afterworks Bar, o vindeiro 30 de novembro volve Coruña Bloggers estreando sede, de xeito que desta volta os blogueiros coruñeses compartirán coñecemento e experiencias na Fundación Barrié, en pleno Cantón Grande, mantendo o formato que tanto éxito colleitou nos últimos meses. Deste xeito, o mércores 30 ás 19:30 (...)
Ler máisO Consello da Cultura Galega organiza unha LaconNetwork ao redor da mostra Galicia 100
O vindeiro venres celebrarase na Coruña unha nova edición da LaconNetwork, o evento gastronómico que xunta á hora do xantar aos albaneis da nube, ou sexa, que serve para xuntar a emprendedores e profesionais do sector TIC galego coa desculpa de compartir uns petiscos nunha sorte de networking de carácter local, no que desta volta poderase degustar empanada (...)
Ler máisA robótica asistencial xaponesa deixarase ver na Coruña
Entre os días 23 e 25 de novembro vai celebrarse a I Semana Cultural Xaponesa en Galicia, con actividades en A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela que van dende exhibicións de judo, kendo e aikido, até charlas e obradoiros de cociña xaponesa, entre as que queremos destacar unha conferencia que terá lugar na sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia e (...)
Ler máis0 | ... | 440 | 450 | 460 | 470 | 480 | 490 | 500 | 510 | 520 | ... | 1370
