Artigos desta sección
Ábrese a inscrición para un Coruña Bloggers en clave feminina
O vindeiro día 25 a partires das 19:30 horas celebrarase no salón de actos da Fundación Barrié na cidade da Coruña a edición número 12 de Coruña Bloggers, encontro solidario para interesados no mundo dos blogs, as redes sociais, a Internet e tecnoloxía en xeral que achega os últimos mércores de cada mes información interesante sobre o mundo 2.0 sendo a súa (...)
Ler máisA Xornada Transformación Dixital e Talento amosará casos de éxito profesional
A AMTEGA e o CPEIG organizan a Xornada Transformación Dixital e Talento, un evento que porá en contacto a empresas, universidades e estudantes ao redor da economía dixital o vindeiro día 16 de outubro en horario de mañá no Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela). Os relatores que participarán no encontro, (...)
Ler máisMundos Digitales celebra unha sesión especial sobre Game of Thrones
Dende hai 16 anos A Coruña alberga un congreso internacional que acolle a profesionais da animación por ordenador, a realidade virtual, os efectos visuais, a arquitectura dixital, os videoxogos e tecnoloxías próximas, Mundos Digitales, pero este referente europeo do sector non se limita ás súas xornadas formais no recinto de PALEXCO, senón que o vindeiro luns (...)
Ler máisA USC acolle a cuarta Xornada de Usuarios de R en Galicia
A Facultade de Matemáticas acollerá o 19 de outubro a IV Xornada de Usuarios de R en Galicia, cuxo principal obxectivo, unha vez máis, é converterse nun punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias arredor desta linguaxe free software e atopar colaboracións do resto da comunidade. Segundo informa a Universidade (...)
Ler máisMáis de 300 persoas participarán no quinto Torneo de Magic e Videoxogos de Ourense
Quen queira videoxogos e xogar entre compañeiras/os, vai ter este mes unha oportunidade de facelo en Ourense. Así o fixo saber onte o Concello, na presentación da quinta edición do Torneo de Magic e Vídeoxogos (TMV), un evento de lecer alternativo que se celebra no Espazo Lusquiños os días 7, 21 e 28 de outubro en horario ao público de 10:30 a 22:00 horas. (...)
Ler máisTrescentos profesionais e empresarios participaron na Noite Galega das Telecomunicacións
Finalmente celebrouse este venres, no recinto de PALEXCO (A Coruña) e contando coa presenza de 300 profesionais e empresarios do sector, a XXII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. A gala, organizada un ano máis polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, COETG-AETG, comezou ás 20.00 horas e (...)
Ler máisUnha mostra de realidade virtual abre a segunda edición do TEK-FEST
Coa apertura da Mostra Internacional de Realidade Virtual e Patrimonio, esta tarde no Museo de Pontevedra inaugurouse oficialmente a segunda edición do TEK-FEST, Encontro de Tecnoloxía e Patrimonio que se celebra na cidade ata o 30 de setembro. Trátase da primeira mostra deste tipo que se celebra en territorio galego, cunha (...)
Ler máisA semana que vén Pontevedra celebrará a segunda edición do TEK-FEST
O Museo de Pontevedra, sede principal do festival TEK-FEST, acolleu a presentación da segunda edición deste encontro de tecnoloxía e patrimonio que desenvolverase entre os días 25 e 30 de setembro cun completo programa de actividades. No seis días que dura esta iniciativa impartiranse obradoiros e conferencias, realizaranse encontros e incluso poderase (...)
Ler máisÁbrese a inscrición para a vindeira edición de Coruña Bloggers
O encontro Coruña Bloggers despediuse antes do verán coa celebración do seu primeiro aniversario, saldando as súas primeiras 10 edicións cun total de 1.751 quilogramos de alimentos recollidos para a Cociña Económica, e agora anuncian o inicio dunha nova tempada na que pretenden superar as 2 toneladas de alimentos recollidos neste evento solidario aberto a (...)
Ler máisEuro-Par 2017 xuntará en Compostela a expertos internacionais en computación paralela e distribuída
A vindeira semana xuntaranse en Santiago de Compostela expertos de todo o mundo no ámbito da computación de altas prestacións para presentar e debater os últimos avances científico-técnicos en computación paralela e distribuída a nivel global durante o Congreso Internacional Euro-Par 2017, un dos foros de maior impacto do mundo e o máis importante de cuantos (...)
Ler máis0 | ... | 370 | 380 | 390 | 400 | 410 | 420 | 430 | 440 | 450 | ... | 1370
