Artigos desta sección
Mundos Digitales pechou cun relatorio sobre os efectos visuais de Game of Thrones
A décimo oitava edición de Mundos Digitales pechou co relatorio de Félix Bergés, Marga Vilalonga, David Ramos e Javier Roca, do Ranchito, sobre os efectos especiais de Game of Thrones, charla para a que se esgotaron as entradas, deixando claro o interese por moitas das actividades desta cita anual que xunta na Coruña a profesionais da animación, os efectos (...)
Ler máisA Torre de Hércules ilumina Mundos Digitales
O congreso internacional de animación, efectos visuais e novos media Mundos Digitales chegou hoxe ao seu ecuador, nunha xornada na que tiveron lugar algúns dos seus relatorios máis importantes, entre os que non podemos esquecer a charla de Sergio Prieto, de Gato Salvaje, quen baixo o título de The Waylanders: Creando a mítica Brigantia a partires da Coruña (...)
Ler máisO último en creación dixital pode vivirse na Coruña
Mundos Digitales abriu hoxe as súas portas cunha grande participación de público e a posibilidade de gozar de interesantes relatorios, coñecer tecnoloxías como un plató virtual xerado en tempo real mediante Unreal Engine (motor moi frecuente no mundo dos videoxogos) e participar nunha multitudinaria feira de emprego, que é un dos puntos fortes deste (...)
Ler máisMundos Digitales abre mañá as súas portas na Coruña
O Congreso Internacional Mundos Digitales, que se celebrará na Coruña do 11 ao 13 de xullo, presentouse esta mañá en PALEXCO como a edición máis ambiciosa en canto a programación e ámbitos que cobre o evento, onde a realidade aumentada para broadcast e a realidade mixta como nova liña de creación de contidos súmanse aos xa habituais como son a animación ou os (...)
Ler máisO CiTIUS lucirá talento e proxectos transferíbeis na súa nova xornada Inside The Lab
O Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela vai celebrar por quinto ano consecutivo a súa xornada anual de demostración tecnolóxica, o Inside The Lab, un encontro concibido, en palabras do centro, para “xerar valor na industria e a administración a partir de resultados científicos de alto impacto”. Será o (...)
Ler máisA Coruña e Santiago de Compostela celebrarán o Freelancers Day 2019 o 4 de xullo
O 4 de xullo celébrase o día dos autónomos, os profesionais independentes, os traballadores en remoto, os nómades dixitais, os freelancers... cunha iniciativa chamada Freelancers Day que busca xuntar a profesionais independentes e facer unha posta en común, compartindo experiencias e coñecementos e facilitando a xeración de oportunidades de (...)
Ler máisPontevedra acolle un congreso sobre marketing dixital
O 1º Congreso Atlántico de Marketing Dixital Flúor botou a andar esta mañá en Pontevedra con aforo completo e coa presenza de máis de 400 profesionais, recaendo a responsabilidade de inaugurar o encontro no alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quen expresou «o orgullo de que Pontevedra acolla a primeira edición deste congreso” e fixo fincapé en (...)
Ler máisO Congreso Flúor xuntará en Pontevedra a 400 profesionais do marketing dixital
O Clúster de Comunicación de Galicia, que xunta a impresoras, deseñadores, creativos, axencias de publicidade, de medios, marketing dixital, directores de marketing e directores de comunicación, organiza o 1º Congreso Atlántico de Marketing Dixital Flúor, que bota a andar este xoves en Pontevedra coas entradas esgotadas, confirmando o interese por esta (...)
Ler máisA primeira edición de Faro Gaming converterá Vigo en centro de operacións gamer
Avanza a presenza do lecer dixital (videoxogos, eSports, competicións en liña, etc) entre a nosa mocidade, e, de xeito paralelo, increméntanse as oportunidades para que a comunidade de seareiros intercambie coñecementos e interactúe. Entre estas “oportunidades” atópase a primeira edición de Faro Gaming, un evento que está a chamado a ser o espazo común galego (...)
Ler máisCoruña Bloggers celebrará o seu terceiro aniversario a semana que vén
Os encontros mensuais de Coruña Bloggers perderon a súa periodicidade hai uns meses, de xeito que as súas últimas dúas edicións tiveron lugar en novembro no marco da Mobile Week Coruña, e agora preparan o seu retorno, e o día 29 de maio ás 19:30 horas celebrarán a súa edición número 22 na Fundación (...)
Ler máis0 | ... | 270 | 280 | 290 | 300 | 310 | 320 | 330 | 340 | 350 | ... | 1370
