Artigos desta sección
Ábrese a inscrición para a segunda edición da Ludus Party
O Recinto Feiral de Lugo acollería dende o 30 de novembro ó 2 de decembro unha nova edición da Ludus Party, que esta semana abriu o seu prazo de inscrición, de xeito que os interesados en asistir ó evento tecnolóxico lugués deberán rexistrarse na web do encontro, tralo que poderán acceder ás opcións de inscrición. A continuación recibirán un correo electrónico (...)
Ler máisA vindeira edición do Tecnimap tratará de definir a Administración 2.0
Entre os días 27 e 30 de novembro Xixón acollerá unha nova edición de Tecnimap, o encontro que xunta dende 1989 a representantes das TIC das distintas administracións públicas, empresas do sector e outros expertos relacionados con estes ámbitos, e que en 2002 recalara na cidade de A Coruña. O evento prevé a asistencia de 5.000 persoas e 250 empresas e está (...)
Ler máisA feira SIMO achega a Madrid as últimas novidades tecnolóxicas
Hoxe comeza en Madrid a feira SIMO que se desenvolverá ata o vindeiro domingo e servirá para presentar as últimas novidades tecnolóxicas a través de 496 expositores e 105 xornadas (nas que participarán 287 poñentes). Nesta edición 47 do salón tecnóxico poderanse seguir 10 acontecementos simultáneos nos que se divide o evento en distintas temáticas que van dende a (...)
Ler máisO Café Casino de Santiago acolleu a presentación da Semana da Ciencia e dos seus novos formatos expresivos
A Semana da Ciencia vén este ano con novidades, tanto no fondo (o tema) como na feitura. Algo deste espírito renovador xa se puído ver este luns día 5 pola mañá, no Café Casino de Santiago, onde a Dirección Xeral de I+D (coordinadora das actividades) compartiu o labor de presentación oficial destes eventos con tres actrices integrantes do grupo de teatro Chévere (...)
Ler máisIneo informou en Vigo a 150 empresas da importancia de protexer a súa información na Rede
A Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información, Ineo, organizou este martes –man a man con INTECO e o Ministerio de Industria- unha xornada para dar a coñecer as vantaxes da seguridade no eido das novas tecnoloxías da información ó servizo das empresas. É dicir: do que se trataba era de dar a entender que do mesmo xeito que é aconsellable (...)
Ler máisConCiencia trae hoxe a Santiago ó matemático Peter D. Lax, Premio Abel 2005
O programa ConCiencia 2007 segue a coller corpo e faino, unha vez máis, achicando o espazo que separa á sociedade en xeral dos investigadores, dous mundos afastados en ocasións por un muro de palabras técnicas facilmente superable. A idea das xornadas, que están organizadas pola Universidade de Santiago e o Consorcio de Compostela, non consiste en traer á (...)
Ler máisA arte e a innovación, a debate na xornada AvantCraft en Lugo
Innovación, arte, vangarda e tecnoloxía son conceptos que adoitan a aparecer xuntos en innumerables ocasións. E probablemente non sexa casualidade, xa que a vontade da persoa creativa (sexa do eido profesional que sexa ou se dedique ó que se dedique) é as máis das veces acadar algo que nunca antes se vira ou se experimentara, pero tirando partido (para (...)
Ler máisA ferrolá Loroestudio participará nos Premios Vivero que organiza o salón SIMO
Tres empresas galegas con cadanseus proxectos van concorrer na segunda edición dos Premios Vivero que organiza SIMO (na imaxe) en colaboración con Fundetec co obxectivo de darlle azos á innovación no eido das novas tecnoloxías. De dúas (Imagos e Redegal) destas tres firmas xa falamos hai uns días nesta mesma web, mais non da terceira do grupo: a ferrolá (...)
Ler máisO presidente de Blusens recibiu o premio ó galego do mes de febreiro
O pasado venres o Grupo Correo Gallego celebrou a entrega de premios Gallegos del Año na que temos que destacar que José Ramón García, presidente e conselleiro delegado de Blusens, recibiu o premio ó galego do mes de febreiro como recoñecemento á súa labor emprendedora á fronte da firma tecnolóxica compostelá. Ó recoller o premio das mans do alcalde compostelán (...)
Ler máisHoxe ábrese o Cumio Conectar África, encamiñado a achar solucións á meirande fenda dixital do mundo
África debátese entre unha chea de desigualdades, e a que sofre en materia de chegada de novas tecnoloxías semella unha réplica exacta de outros desequilibrios previos, case todos eles permitidos e mesmo propiciados por gobernos e corporacións do mundo rico ó longo das pasadas décadas. A situación é moito máis ca mellorable, e os seus atrancos ben poderían ser (...)
Ler máis0 | ... | 1220 | 1230 | 1240 | 1250 | 1260 | 1270 | 1280 | 1290 | 1300 | ... | 1370
