Artigos desta sección
Primeiras Xornadas de Coñecemento Libre e Dereito nas TIC en Compostela
Entre os días 28 e 29 de novembro terán lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría as Primeiras Xornadas de Coñecemento Libre e Dereito nas TIC organizadas pola Oficina de Software Libre da USC en colaboración coa Asociación de Usuarios de Linux da USC, o Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza, a Asociación de Técnicos de Informática e o patrocinio da (...)
Ler máisA Galiciencia dá a benvida a un cento de investigadores mozos en Ourense
Mañá martes, día 18 de novembro, a Galiciciencia abrirá as súas portas no Auditorio de Ourense para recibir a un cento de alumnos de Secundaria chegados de toda Galicia e de Cataluña cos seus titores. Esta actividade, que é unha das máis importantes de tódalas que forman a Semana da Ciencia en Galicia, está organizada pola Tecnópole (Parque Tecnolóxico de (...)
Ler máisO CPEIG analiza en Santiago a pegada dixital no proceso comunicativo
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai abordar nunha xornada programada para o vindeiro 27 de novembro O impacto das TIC no Exercicio do Xornalismo, unha sesión informativa que se inclúe na aposta desta entidade polo fomento da Sociedade da Información mediante accións de información, reflexión e sensibilización. Esta xornada (...)
Ler máisActividades abertas e cinema en 3D para a Semana da Ciencia dos museos da Coruña
Os museos científicos da Coruña atópanse neste intre en plena actividade de divulgación científica. De feito, e con motivo da Semana da Ciencia as súas portas ficarán abertas ao público en xeral (con entrada de balde) até o 16 de novembro en horario de 10.00 a 19.00 horas. Por unha banda temos a achega da Domus (na imaxe), onde poderemos visitar a mostra (...)
Ler máisO CESGA, de portas abertas para a mocidade galega até o 21 de novembro
Na Semana da Ciencia, arestora en curso, os centros de investigación sáenche ao paso. Asemade, os seus accesos –portas abertas- convértense máis que nunca en metáfora da comunicación pola que apostan: unha comunicación como a que se pode ter en calquera recanto da cidade na que nos movemos, igual de teórica e de práctica e na mesma frecuencia de onda. Isto que é (...)
Ler máisExpertos debaten en Madrid sobre métodos TIC contra a crise
No marco da X Edición das Xornadas AUSAPE que se están a celebrar en Madrid, mañá mércores día 12 de novembro, no Pazo Municipal de Congresos da devandita cidade (Campo das Nacións), vai ter lugar o congreso Tics Vs Crisis, un evento no que os asistentes analizarán as posibles solucións para afrontar a crise económica a partires do emprego intelixente das (...)
Ler máisRed.es dá comezo ao seu itinerario de divulgación dixital pola nosa terra
Red.es está xa a presentar na nosa terra as súas iniciativas de promoción das redes no eido empresarial. A entidade do Ministerio de Industria vén de inaugurar o seu percorrido na Coruña, este martes 11 no Hotel Eurostars Palace, onde (entre outros) se deron cita o xefe da Área de Sociedade e Pemes de Red.es, Jaime Castellano, e o xefe de Gabinete do Delegado (...)
Ler máisÁlex Grijelmo e Javier Rivero examinan no CIP o impacto do dixital na comunicación
O ciclo de conferencias O Futuro da Industria da Comunicación, que dende o pasado xoves día 23 de outubro se está a celebrar en Compostela, chegará mañá ao seu ecuador con dous relatorios sobre Información e Desenvolvemento; o primeiro deles terá lugar da man do director da Axencia Efe, Álex Grijelmo, e o outro será impartido polo experto en interactive Media (...)
Ler máisLugo celebra o Día Mundial de Plone cun relatorio sobre este CMS de código aberto
Hoxe celébrase o World Plone Day 2008 coma un evento global no que se busca dar a coñecer o xestor de contidos (CMS) baseado en python, Plone, con actividades nunhas 60 cidades de todo o mundo entre as que Lugo tamén fai a súa propia achega grazas ás empresas Código 23 e Pexego, que organizaron un relatorio no que se fixo unha introdución a Plone, se (...)
Ler máisClausurada con éxito a VII Conferencia Internacional de Parques Tecnolóxicos
Durante os pasados días 5 e 6 de novembro, tivo lugar en Ourense, a sétima edición da Conferencia Internacional da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), un evento que serviu como punto de encontro para os axentes da innovación máis importantes do país e que lle valeu ao complexo galego para reforzar a súa situación destacada no (...)
Ler máis0 | ... | 1040 | 1050 | 1060 | 1070 | 1080 | 1090 | 1100 | 1110 | 1120 | ... | 1370
