Artigos desta sección
Madrid convérsese, durante unha semana, na capital da World Wide Web
Xusto cando se cumpren dúas décadas do nacemento da web no CERN, Madrid vén de converterse na súa capital mundial, ao acoller a celebración do 18º Congreso Internacional World Wide Web, WWW 2009, un evento que se desenvolverá no Palacio Municipal de Congresos dende hoxe ata o vindeiro venres, 24 de abril. Ao longo de cinco intensas xornadas, máis dun milleiro (...)
Ler máisNovo record Guinness dos videoxogos en Malasia
O ano pasado durante o encontro informático nVISION ’08 bateron un record Guinness ao manterse 203 participantes xogando en rede durante 36 horas seguidas, e a pasada fin de semana tivo lugar en Malasia o encontro Cyber Fusion 2009, organizado coa intención de superar a marca anterior, de xeito que 300 rapaces xogaron en rede durante 40 horas seguidas a (...)
Ler máisFEUGA organiza un obradoiro de xestión da I+D+i a través do coñecemento da Web 2.0
Din os profesionais do sector que “a revolución dixital está a cambiar o xeito de facer negocios e tamén de innovar”. A web 2.0 está máis presente que nunca tanto nos mercados como na sociedade en xeral e isto tradúcese nunha maior esixencia de protagonismo das empresas na Rede por parte das novas xeracións de usuarios e de consumidores. Neste senso, a (...)
Ler máisProsegue o Forum di Torino con visitas a varias empresas TIC galegas
A II Conferencia do Forum di Torino, que estes días está a reunir en Santiago de Compostela a preto de 300 expertos interesados na utilización do coñecemento e a innovación tecnolóxica para o desenvolvemento rexional de América Latina e Europa, continua ao longo de todo o día de hoxe na capital galega. Ao longo de toda a mañá, os congresistas visitarán as (...)
Ler máisMancomún compartirá expositor no Xuventude Galiza Net con outros axentes galegos da comunidade do software libre
A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, da man do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, disporá dun espazo propio na zona de acceso libre do Xuventude Galiza Net para dar a coñecer o seu traballo e as vantaxes do software libre todas as persoas que se acheguen á maratón (...)
Ler máisO XGN quence motores para dar comezo o vindeiro venres
Xa quedan menos dunha semana para que o vindeiro venres 3 de abril, o multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela, dea acollida a un total de 1.800 mozos e mozas que, un ano máis, se reúnen durante tres días na capital galega para participar na décima edición do encontro informático máis importante da nosa comunidade, o Xuventude Galiza Net. Esta (...)
Ler máisO SIMO podería volver renovado en setembro
En xaneiro a web de IFEMA colocaba no en novembro unha nova edición do SIMO (feira que non se celebrou en 2008), pero agora non só cambian a data e sitúan o encontro tecnolóxico entre os días 22 e 24 de setembro, senón que tamén cambian o seu nome por SIMO Network.
Ler máisXuventude Galiza Net acollera a unha serie de desconferencias
Co gallo do encontro Xuventude Galiza Net convocan unha serie de xuntanzas baixo o nome de BarCamp Galiza 2009 que xirarán en torno ao software libre, xogos, programación, Web 2.0 e todo o que o público queira contar no que se auto-define como unha desconferencia (ou non conferencia) pola súa informalidade e diversidade de participantes. As BarCamps serían (...)
Ler máisA versión 3.0 do firmware para o iPhone amosa o seu potencial
Apple presentou esta tarde o que será a versión 3.0 do firmware do iPhone, nun evento especialmente dirixido aos desenvolvedores, que foron os que viron cómo o terminal telefónico de Apple incrementou o seu potencial extraordinariamente, achegando moitas características que se botaban en falla do mesmo dende o primeiro día. Das novas prestacións que chegarán (...)
Ler máisInvestigadores de toda Europa sentan en Santiago as bases dunha biblioteca virtual en Matemáticas
Se hai un camiño para a investigación, ese é o de buscarse. A Rede e os recursos dixitais de comunicación en xeral non deixan marxe para o contrario. Probablemente, o espallamento e a apertura do labor científico sexan circunstancias que se terían dado igual houbese ou non houbese novas canles, pero o caso é que as hai, e o seu potencial é tan grande como nos (...)
Ler máis0 | ... | 990 | 1000 | 1010 | 1020 | 1030 | 1040 | 1050 | 1060 | 1070 | ... | 1370
