empresas
ZTE abrirá sede na Coruña o 15 de xullo
A compañía chinesa ZTE anunciou que este mes vai abrir centros en Xixón e A Coruña dende os que dar servizo aos seus actuais clientes en redes de telecomunicacións, así como para o despregamento de tecnoloxías 5G. A apertura no polígono coruñés de A Grela contará inicialmente cun cadro de 15 profesionais, antigos traballadores de R externalizados tras a fusión da (...)
Ler máisA galega Alén, semifinalista nos premios da Fundación Everis ao emprendemento
A firma galega Alén vén de chegar á semifinal dos premios da Fundación Everis ao emprendemento, co que se coloca nunha posición óptima para chegar ao remate do certame e aspirar aos 60.000 euros que se ofrecen ao proxecto gañador. Alén, para quen non o saiba, é unha spin-off da Universidade de Vigo centrada no desenvolvemento de tecnoloxía espacial. A firma (...)
Ler máisOs recursos para crear as aplicacións máis limpas e evolucionábeis, ao detalle nun novo curso de Vitae
En cuestión de creación de ferramentas e servizos tecnolóxico-informáticos, hai varios factores que cómpre ter en conta para realizarmos un bo traballo, factores que van máis alá dos elementos de base. Falamos do ingrediente da sinxeleza, que sempre debe ir unido aos da transparencia e a claridade. Dito doutro xeito: canto menos incertezas e marxe de dúbidas (...)
Ler máisVitae achéganos formación para conseguir equipos TI máis felices e motivados
Vitae Consultores, a través da súa aula virtual, vai organizar este mes de novembro unha actividade directamente encamiñada a sacar o mellor de nós mesmos como profesionais, como compañeiros e como líderes no noso grupo de traballo empresarial. Trátase do curso Liderado e xestión de equipos en proxectos TI áxiles, unha formación de dez horas de contidos prevista (...)
Ler máisAltia estrea oficinas en Palma de Mallorca
A empresa tecnolóxica Altia vén de estrear novas dependencias en Palma de Mallorca, co obxectivo de reforzas a súa presenza nas Illes Balears e e potenciar, nas súas palabras, “o compromiso de Altia co sector público e co ámbito turístico da zona”.
Ler máisAltia e Gradiant recuncan no Foro Tecnolóxico de Emprego
Estes días, até mañá, celébrase na Universidade de Vigo, de man do alumnado das súas escolas de enxeñaría, a edición dezanove do seu Foro Tecnolóxico de Emprego, unha cita referencial para fixar contactos entre as empresas da nosa contorna e a canteira galega de vindeiros profesionais. A cita desenvólvese en Minas, Industrias e Telecomunicación, e inclúe no seu (...)
Ler máisA galega Optare optimiza a operación de Oracle OSM na meirande firma tecnolóxica grega
A compañía tecnolóxica máis grande e referencial de Grecia, a operadora OTE Group, escolleu unha solución da empresa galega Optare Solutions para mellorar a prestación dos seus servizos de operacións. Trátase de OSM Butler, unha ferramenta que axuda aos equipos de soporte de operacións a resolver problemas de operacións diarias con Oracle OSM, a solución de (...)
Ler máisAltia e Liferay anuncian unha alianza estratéxica para transformar as experiencias dixitais en España
Altia, compañía tecnolóxica galega con máis de 30 anos de experiencia acompañando ás organizacións nos seus procesos de transformación tecnolóxica, e Liferay, Inc., provedor líder de Plataformas de Experiencia Dixital (DXP), anunciaron unha alianza estratéxica deseñada para dotar ás organizacións en España das ferramentas necesarias para crear, xestionar e escalar (...)
Ler máisAltia e Netex farán avanzar a dixitalización docente en Canarias
As empresas galegas Altia e Netex (a primeira centrada en servizos avanzados de consultoría informática e solucións TIC, e a segunda en aplicacións e servizos para a creación de material didáctico intelixente) van impulsar a dixitalización do sector educativo de Canarias. E vano facer creando contidos nunha Contorna Virtual de Aprendizaxe (EVA) para o (...)
Ler máisTelefónica Tech e Denodo alíanse para transformar a xestión dos datos
Telefónica Tech aliouse con Denodo, empresa galega referente en xestión de datos con máis de 25 anos de traxectoria e presenza en máis de 30 países, para impulsar en España a transformación da xestión dos datos no tecido empresarial a través de Denodo Platform, unha solución que tira proveito da virtualización de datos para integrar, xestionar e entregar a (...)
Ler máis0 | ... | 790 | 800 | 810 | 820 | 830 | 840 | 850 | 860 | 870 | 880
